Premio de Honra Marisa Soto 2014: Xosé M. Olveira "Pico"

           A Asociación de Actores e Actrices de  Galicia (AAAG) concédelle este ano a Xosé Manuel Olveira "Pico" o Premio de Honra Marisa Soto, galardón que recoñece a longa traxectoria profesional do intérprete falecido o 13 de xuño do ano pasado. Con esta distinción, os seus compañeiros da escena homenaxean a Pico, actor respectado e apreciado tanto polo público coma polo sector. 

Nomeados aos Premios María Casares 2014

  • Eurozone con 12 nomeamentos; O home almofada con 6 e As do peixe e Bye, Bye Honey con 5, son as montaxes con maior número de nomeamentos nos galardóns organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia
  • O Teatro Rosalía de Castro de A Coruña acollerá o xoves 27 de marzo a cerimonia de entrega dos Premios de Teatro María Casares

MELLOR MAQUILLAXE
   · Fany Bello por Eurozone, de Chévere
   · Fany Bello por Waltz, de Voadora
   · Trini F. Silva por C'est la vie, de Matrioshka Teatro

MELLOS VESTIARIO
   · Carlos Alonso por As do peixe, de Abrapalabra C. Escénicas
   · Chévere por Eurozone, de Chévere
   · Uxía P. Vaello por Waltz, de Voadora

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.