Nace en Compostela o Bono de Teatro Galego (e portugués)

  • Impulsan este programa de descontos para promover a oferta escénica de 2014 no Salón Teatro, Teatro Principal, Zona C e Sala Agustín Magán, que suman 28 espectáculos galegos e portugueses durante este primeiro semestre do ano.
  • O bono, que ten un prezo de 35 € (con posibles suplementos), permitirá asistir a cinco funcións a escoller entre toda a oferta teatral galega e portuguesa programada durante este ano nos espazos asociados.
  • Descarga AQUÍ o folleto promocional no que se inclúe toda a programación.
     A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mailo Concello de Santiago colaboran a posta a disposición do público compostelán do primeiro bono de desconto que agrupa toda a oferta teatral galega de 2014 no Salón Teatro e no Teatro Principal, xunto coas propostas máis alternativas que acollen a Zona C e a Sala Agustín Magán.

Candidatos aos Nomeamentos dos XVIII Premios María Casares

     
     A continuación preséntase unha listaxe na que se recollen os espectáculos que presentaron candidatura aos nomeamentos dos XVIII Premios de Teatro María Casares. Na web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia podes acceder aos vídeos dos espectáculos e ás webs das compañías. Así mesmo, na AXENDA TEATRAL do blog están incluidas as próximas funcións dos espectáculos candidatos.
  • A Casona, de Teatro del Andamio
  • A charca inútil, de Teatro do Atlántico
  • A delgada línea boba, de Bucanero
  • A idade da pavía, de Sarabela Teatro
  • As do peixe, de Abrapalabra Creacións Escénicas
  • As mil vidas de Matías Houseman, de Teatro de Adro
  • Aurora, de Elefante elegante
  • BailadELAS, mulleres bolañesas, de Teatro Antroido
  • Bye, bye, honey, de Obras Públicas
  • C'est la vie, de Matrioshka Teatro

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.