Premio de Honra Marisa Soto 2014: Xosé M. Olveira "Pico"

           A Asociación de Actores e Actrices de  Galicia (AAAG) concédelle este ano a Xosé Manuel Olveira "Pico" o Premio de Honra Marisa Soto, galardón que recoñece a longa traxectoria profesional do intérprete falecido o 13 de xuño do ano pasado. Con esta distinción, os seus compañeiros da escena homenaxean a Pico, actor respectado e apreciado tanto polo público coma polo sector. 

“Para a tropa de actores e actrices deste país, Pico era unha persoa especial que deixou pegada en todos nós.” Así define o presidente da AAAG, Avelino González, o intérprete de obras tan lembradas como  As actas escuras, O bufón de El Rei ou O florido pénsil. González, ademais, recoñece que a intención da AAAG era concederlle o galardón na edición anterior, mais foi imposible por mor da enfermidade. “Era algo que lle debiamos”, sinala o presidente da entidade, que conclúe lembrando que Pico “só provocaba afectos.”

 GALARDOADOS CO PREMIO DE HONRA MARISA SOTO DA AAAG 
  • 1997 Agustín Magán
  • 1998 Manuel Lourenzo
  • 1999 Maruxa Villanueva
  • 2000 Manuel Gallart
  • 2001 Asociación Cultura Abrente
  • 2002 Fundación Teatro Principal de Tui
  • 2003 Celebración dos 25 anos de teatro profesional
  • 2004 Padroado da Cultura do Concello de Narón
  • 2005 Luís Álvarez Pousa
  • 2006 Dorotea Bárcena
  • 2007 Concha Abad
  • 2008 Rubén García
  • 2009 Ana Romaní
  • 2010 Gonzalo Uriarte
  • 2011 Xan Cejudo
  • 2012 Sala Nasa

 AGRADECEMENTOS: Alberto Ramos, Prensa Premios de Teatro María Casares

0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.