Triatreros estrea "Matanza", de Roberto Salgueiro


     Triatreros Grupo de Teatro estrea Matanza, de Roberto Salgueiro o próximo domingo día 2 de febreiro ás 18:00 h. no Salón Teatro de Santiago de Compostela. O prezo da entrada é de 5 €
 
FICHA ARTÍSTICA: "Matanza" de Triatreros                                                    
  • Intérpretes: Omar Ferrín, Celia González e Tone Martínez
  • Dirección e dramaturxia: Beatriz Campos
  • Texto: Roberto Salgueiro
  • Escenografía, iluminación e vestiario: Lau Iturralde
  • Deseño gráfico e espazo sonoro: Sr. Sagüillo
Matanza preséntanos dous porcos antes de ser acoitelados polo Matachín. Ante esta situación cada un deles intenta afrontar os seus derradeiros momentos na terra de xeito consecuente coa vida que levou. Mentras un dos porcos está orgulloso do seu destino o outro non pode dar creto e intenta salvarse. E nesta espera transcorre Matanza, neste lugar irreal que bebe da nosa realidade, da cultura galega, do noso humor e do noso xeito de entender a vida. Achegarse a Matanza é achegarse ás condicións que nos definen.

SOBRE A COMPAÑÍA: TRIATREROS                                                            
     Triatreros Grupo de Teatro é unha compañía formada no 2011 por catro actores licenciados en Interpretación na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Nos seus poucos anos de vida conseguiron levar a escena o espectáculo Hámster de Santi Cortegoso co que tiveron a honra de participar en festivais tan importantes como o FIOT de Carballo ou a Mostra de Teatro de Cangas. Ademais, teñen en cartel unha proposta de café teatro coa que pretenden achegar o teatro a centos de persoas: o espectáculo de improvisación IMPROPERIO có que realizaron mais de oitenta funcións nos lugares mais inverosímiles.
Agradecementos: Triatreros Grupo de Teatro


Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.