Nace en Compostela o Bono de Teatro Galego (e portugués)

  • Impulsan este programa de descontos para promover a oferta escénica de 2014 no Salón Teatro, Teatro Principal, Zona C e Sala Agustín Magán, que suman 28 espectáculos galegos e portugueses durante este primeiro semestre do ano.
  • O bono, que ten un prezo de 35 € (con posibles suplementos), permitirá asistir a cinco funcións a escoller entre toda a oferta teatral galega e portuguesa programada durante este ano nos espazos asociados.
  • Descarga AQUÍ o folleto promocional no que se inclúe toda a programación.
     A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mailo Concello de Santiago colaboran a posta a disposición do público compostelán do primeiro bono de desconto que agrupa toda a oferta teatral galega de 2014 no Salón Teatro e no Teatro Principal, xunto coas propostas máis alternativas que acollen a Zona C e a Sala Agustín Magán.
       Coa creación deste Bono de Teatro Galego (e portugués), ambas as entidades abren unha nova vía para favorecer o achegamento dos espectadores á carteleira teatral galego-portuguesa dos principais espazos escénicos da cidade, dentro da que durante este primeiro semestre se programan 28 espectáculos e máis de 80 representacións. Descarga AQUÍ o folleto promocional  no que se inclúe toda a programación.

    O bono permitirá asistir a cinco funcións a escoller entre toda a oferta teatral galega e portuguesa programada durante este ano nos espazos asociados. No folleto promocional que se distribuirá a través dos teatros, auditorios e oficinas de turismo da cidade, inclúense os 28 primeiros espectáculos –25 deles producidos por compañías galegas– que se representarán ata o mes de xuño no Teatro Principal, Salón Teatro, Zona C e Sala Agustín Magán, mentres que a programación do último  uadrimestre se dará a coñecer no mes de setembro.

     O seu prezo é de 35 euros, cifra que supón un 30 por cento de desconto sobre o prezo habitual de 10 euros por entrada, aínda que de xeito excepcional algunha das representacións pode requirir un pequeno suplemento. Os bonos xa están á venda na billeteira do Teatro Principal (de 18 a 21 horas, de martes a sábado) e na do Salón Teatro (os días de espectáculo, desde dúas horas antes do comezo da función).

Fonte de información: AGADIC Comunicación
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.