Julietavirtual: o novo proxecto de Anómico Teatro

     Julietavirtual é un proxecto desenvolvido por Anómico Teatro baixo a premisa da interrelación de materiais de video, danza, teatro e performance. O texto do que se parte, subtitulado "Como emular a Heiner cun desatascador" é un panfleto abertamente político e escrito en verso que resucita á Julieta de Shakespeare para crear un virus de xustiza na Rede. O discurso visual de Julietavirtual circunda en todo momento a fractura no ritmo, dende silencios de escuro ou zonas de extrema lentitude á emisión espectral de mensaxes de carácter subliminal.
     O día 20 de setembro Julietavirtual chegará á cidade de A Coruña: ás 20.30 h. na Casa Tomada. Podes consultar a AXENDA TEATRAL do blog para coñecer a programación teatral.

  FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA                        
  · Autoría e dirección: Julio Fernández Peláez
  · Elenco: Eva Alfonso
  · Iluminación: Antón Ferreiro
    E coa colaboración de Zaida Gómez
  · Duración: 1 hora e 8 minutos
  · Ano de creación: 2013

Programación Sala "Agustín Magán": Outubro-Decembro 2013

     A Sala Agutín Magán de Santiago de Compostela sita no Centro Sociocultural de Santa Marta xa conta con unha programación teatral para os meses de outrubro, novembro e decembro de 2013. 
    É de destacar a denominada "Semana Agustín Magán", unha semana-homenaxe ao director compostelán, que se celebrará do 5 ao 9 de Novembro e que incluirá obradoiros infantís, unha actuación do grupo DITEA, un acto institucional homenaxe a Agustín Magán ou unha pequena mostra expositiva sobre a historia de DITEA, entre outros eventos.

Lugar: Sala Agustín Magán de Santiago de Compostela (CSC Santa Marta)
Prezo das entradas: GRATUITA (ata completar o aforo)*Excepto aquelas nas que se especifica o prezo
Lenda:  Teatropara público infantil e familiar    Teatro para público adulto

  OUTUBRO 2013                                                                                                      
  • Sábado 5 e Domingo 6 de Outubro ás 20.00 h. -  Oiseau Rebelle*  de Funboa Escénica. [6 €]
  • Sábado 19 de Outubro ás 18.00 h. Comendo pementos de Padrón con Tarantino  de Carrachanacacha
  • Sábado 26 de Outubro ás 19.00 h. -  Pim, Pam, Clown!  de NNC Teatro

Ciclo de Teatro Afeccionado en Santiago de Compostela

     
     O ciclo de teatro afeccionado "FEGATEA Móvete" chega a Santiago de Compostela da man do grupo DITEA, da propia Federación Galega de Teatro Afeccionado e do propio Concello de Santiago (Dpto. de Centros Socioculturais).
    O programa desenrolarase maioritariamente na recén estreada Sala "Agustín Magán" (CSC Santa Marta) aínda que unha das catro montaxes programadas terá lugar na sala de usos múltiples do CSC "José Saramago" de Vite.
     A entrada é de balde (ata completar o aforo) e desenrolarase os sábados 14, 21 e 28 de Setembro e o sábado 5 de Outubro ás 19.00 h.

Aula de Teatro da USC: programa formación 2013-2014

     A Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela estrea un novo programa de formación teatral que podes consultar neste link. Ademáis, o mércores 11 de setembro ás 19.30 h haberá unha xornada de portas abertas na Sala Roberto Vidal Bolaño (tras a Facultade de Farmacia e xunto ao Observatorio). Por outra banda, as probas de acceso á compañía terán lugar na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño os días 17,18 e 19 de setembro, a partir das 18:00h.

Matarile Teatro volve aos escenarios con "Staying Alive"

      Matarile Teatro volve aos escenarios coa estrea de "Staying Alive" os días 27, 28, e 29 de setembro e 4, 5, e 6 de outubro no Auditorio da Universidade (tras a Facultade de Farmacia) en Santiago de Compostela. Podes consultar a AXENDA TEATRAL do blog para coñecer a programación teatral.
    Era cuestión de tempo que Matarile Teatro reunise un elenco composto maioritariamente por intérpretes que proceden do mundo da danza. Neste caso tres mulleres: Mónica García, Rut Balbís e Nuria Sotelo, bailarinas/actrices coas que Ana Vallés compartirá a escena, asumindo tamén a dirección. O proceso de creación transcorreu durante os meses de xullo, agosto e setembro dentro do Auditorio da Universidade, un antigo espazo de exhibición que se encontra neste momento desmantelado, casi diáfano, que perdeu totalmente as suas características de teatro/auditorio para converterse nun espazo con un gran potencial escénico.
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.