Troco x Troco: circuíto de intercambio teatral Galicia-Portugal

     A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha "Troco x Troco": un circuíto de intercambio teatral entre Galicia e Portugal, cun total de 32 actuacións en 8 espazos.
  • Sarabela Teatro, Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego e Teatro do Noroeste-Centro Dramático Galego presentarán os seus novos espectáculos en Braga, Coimbra, Évora e Porto 
  • Pola súa banda, as compañías residentes nos teatros municipais destas catro cidades actuarán no Pazo da Cultura de Narón, no Salón Teatro de Santiago, no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui e no Teatro Principal de Ourense

30 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

     A 30 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas levarae a cabo dende o 28 de Xuño ao 7 de Xullo en diferentes espazos (Auditorio Municipal, Salasón, nas rúas de Cangas, etc). Podes consultar a programación na nosa AXENDA TEATRAL.

PROGRAMA 30 MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS

VENRES 28 de Xuño 2013                                                                                           
     · 22:30 h. - Auditorio Municipal - Pregón a cargo de Chévere
     · 22:45 h. - Auditorio Municipal - Pequenos actos pseudorrevolucionarios de Ibuprofeno
     · 00:30 h. - Palco das Naves de Ojea - A xira senlleira de Os da Ría

SÁBADO 29 de Xuño 2013                                                                                          
     · 22:30 h. - Auditorio Municipal - Criaturas de Teatro do Aquí (+ CDG e SGAE)

Falece o actor Xosé Manuel Olveira "Pico"

Dende o blog www.teatrogalego.com queremos mostrar o noso máis profundo pesar polo falecemento dun dos grandes da escena galega: Xosé Manuel Olveira "Pico".
Fixéchesnos rir, choramos contigo, enternecíchesnos, namorámonos de ti... canto nos deches, compañeiro! E agora... déixasnos? Non, nunca marcharás, sempre estarás con nós, en nós. Nos nosos platós, sobre as taboas dos nosos teatros, fronte as butacas dos nosos cines e, sobretodo, nos nosos corazóns e na memoria eterna dun país. Grazas amigo, ata sempre.
Publicado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (facebook) 

AGRADECEMENTOS: Asociación de Actores e Actrices de Galicia

Programa de Formación Teatral da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela

     A Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela vén de publicar o novo programa de formación teatral para o curso 2013/2014. Existirán 2 itinerarios de formación: interpretación e dirección que se subdividen, cada un deles, en tres módulos específicos. Ademáis, iniciarase un novo proxecto denominado Compañía en Residencia, a través do cal, segundo afirman, "forneceremos o noso labor pedagóxico ao tempo que colaboramos na produción do teatro profesional".
     A continuación exporase un breve esquema do programa de formación, máis si precisas dunha maior información podes acceder ao documento publicado no blog da Aula de Teatro da USC (en formato PDF) facendo click aquí.

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.