Campaña de captación escolar para a coprodución "Touporroutou da lúa e do sol", de Roberto Vidal Bolaño

     O Centro Dramático Galego abre o prazo de reserva de localidades para aconcertación da asistencia de centros de ensino durante o mes de outubro no Salón Teatro de Santiago de Compostela ao espectáculo "Touporroutou da lúa e do sol", coprodución con Teatro do Noroeste sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Nesta ocasión, cóntase coa dirección escénica de Eduardo Alonso e a colaboracion da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) na procura da experiencia de combinar o traballo de actores e actrices recentemente egresados con outros de contrastada experiencia.
  • CALENDARIO: As funcións escolares serán de martes a venres, con dous pases cada día, ás 10.00 e ás 12.00 horas. Os días dispoñibles con esta programación son o 8, 9, 10, 11, 15, 16, 17 e 18 de Outubro de 2013.
  • IDADE RECOMENDADA: A partir de 6 anos.
  • RESERVAS: As reservas quedan rexistradas por rigorosa orde de solicitude chamando ao número de teléfono do CDG 981 581 111 (extensión 11)
  • PREZOS: O prezo con desconto para escolares e grupos organizados, previa reserva, é de 4,00 euros. Os mestres e acompañantes dos cativos accederán de balde.

Programación Teatral da "Sala Agustín Magán" de Santiago de Compostela - Xuño de 2013

Sala "Agustín Magán", de Santiago de Compostela
Centro Sociocultural de Santa Marta
Rúa Antonio Rama Seoane, nº 5

   REPRESENTACIÓNS TEATRAIS           
  • Sábado 1 de xuño ás 19:00 h: "Catalina, Lino, Lina", de Glup, Glup Teatro
  • Sábado 8 de xuño ás 19:00 h: “Anxeliños” de Roberto Vidal Bolaño, da compañía Arte Maior Teatro. *Público adulto.
  • Sábado 29 de xuño ás 19:00 h: "Adega", da Escola de teatro Vall-Innova. *Público adulto
   ACTIVIDADES DE FORMACIÓN para ADULTOS           
  • Monográfico de iniciación ao teatro: Unha pinga de Vidal Bolaño. Mércores 5, 12, 19 e 26 de xuño, de 19.45 a 21h. GRATUÍTO. Prazas:15. Anotarse a partir do 21 de maio no CSC de Santa Marta.

"C'est la vie", de Matriohska Teatro

    Matrioshka Teatro presenta no Salón Teatro de Santiago de Compostela o seu primeiro espectáculo: "C'est la vie". O elenco do espectáculo confórmano Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo. Así mesmo, Marta Pazos asina a dirección e a dramaturxia.
        Poderedes ver C'est la vie no Salón Teatro de Santiago de Compostela os días 20 e 21 de maio de 2013 ás 20:30 h. A entrada ten un prezo de 10 € (con descontos do 40% para titulares do carné xove, estudantes, desempregados, xubilados e profesionais das artes escénicas que acrediten a súa condición). Poderanse mercar na taquilla do propio teatro dende dúas horas antes do comezo do espectáculo. Consulta a AXENDA TEATRAL do blog para coñecer a programación teatral.

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.