CDG: "Días sen gloria", de Roberto Vidal Bolaño


     Días sen gloria, premio Rafael Dieste en 1992 e finalista dos Premios Nacionais de Literatura, é, na brillante produción literaria de Roberto Vidal Bolaño, un dos seus textos máis audaces. O Centro Dramático Galego estrea o 5 de abril de 2013 (no Salón Teatro de Santiago de Compostela) este texto de Vidal Bolaño baixo a dirección de Fefa Noia. Consulta a AXENDA TEATRAL do blog para coñecer todas as funcións de Días sen gloria en Santiago de Compostela.

Gañadores Premios de Teatro María Casares 2013

  • MELLOR MAQUILLAXE:  Raquel Fidalgo por Viaxe a ningunha parte
  • MELLOR VESTIARIO: Suso Montero por Viaxe a ningunha parte e Uxía P. Vaello por Tokio 3
  • MELLOR ILUMINACIÓN: Baltasar Patiño por Tokio3
  • MELLOR MÚSICA ORIXINAL: José Díaz e Hugo Torres por Tokio3
  • MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Ánxeles Cuña Bóveda por Viaxe a ningunha parte
  • MELLOR TEXTO EN GALEGO: Santiago Cortegoso por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios...
  • MELLOR ESCENOGRAFÍA: Marta Pazos por Tokio3
  • MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA: Luisa Merelas por A Función do Tequila
  • MELLOR ACTOR SECUNDARIO: Víctor Mosqueira por Galicia Caníbal, O Musical
  • MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA: Marián Bañobre por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios...
  • MELLOR ACTOR PROTAGONISTA: Xosé Manuel Oliveira "Pico" por Kafka e a boneca Viaxeira
  • MELLOR DIRECCIÓN: Marta Pazos por Tokio3
  • MELLOR ESPECTÁCULO: Nuncabunga, de Elefante Elegante S.C.

Ratman e Bobyn na Gala dos María Casares

     Marcos Orsi e Xúlio Abonjo, da compañía BaCaNa, encárganse da dirección, do guión e da interpretación nunha gala “cómic-a”, é dicir cómica e inspirada no cómic, e que seguirá o lema dos heroes: “Cando a realidade é brutal, só nos pode salvar a ficción”. Suso Montero traballa na dirección artística baseada na sinxeleza, o traballo artesanal e no cartón de embalaxe como motivo estético para adecuarse aos “tempos difíciles que vivimos”.
     A gala, que comezará ás 20.00 horas, será retransmitida pola Televisión de Galicia e, este ano, terá presenza en directo no twitter a través do perfil na citada rede social que a Asociación de Actores e Actrices está a poñer en funcionamento para seguir ampliando a súa comunicación a través da rede. O perfil da AAAG en Twitter será @TuitsdaAAAG e, durante a gala, promoverase o hastag #oscasares.

Premio de Honra Marisa Soto 2013: Pilar Pereira

     Pilar Pereira recibirá o Premio de Honra Marisa Soto, galardón outorgado pola Asociaciónde Actores e Actrices de Galicia, o próximo 27 de marzo durante a cerimonia dos Premios María Casares. Con esta distinción, o gremio recoñece a longa traxectoria profesional dunha intérprete que, ao longo de sesenta anos, traballou sobre os escenarios de Galicia, España, Francia, Bélxica e América Latina.

A AGADIC abre os prazos de programación da Rede

     A Agadic abre os seguintes prazos de programación cara á configuración do calendario de espectáculos escénicos e musicais que exhibirán os seus tres circuítos de disitribución (Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas e Rede Galega de Música ao Vivo) entre os meses de abril e agosto de 2013
  • REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS: Período de programación do 1 ao 15 de marzo de 2013
  • REDE GALEGA DE SALAS: Período de programación do 1 ao 15 de marzo de 2013

O trámite realízase a través de galescena.info (pestana de programadores)

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.