Nomeados aos Premios María Casares 2013

     O primeiro será agradecer á Asociación de Actores e Actrices de Galicia o convite a esta VI Festa dos Nomeados e a Alberto Ramos o seu excelente traballo na sección de prensa destes Premios de Teatro María Casares. Logo de asistir á VI Festa dos Nomeados aos Premios de Teatro María Casares no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames) déixovos o resultado final destas nominacións.

- MELLOR MAQUILLAXE:
    · Fani Bello por Tokio 3, de Voadora
    · Raquel Fidalgo por Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro
    · Trini Fernández por Galicia Caníbal. O Musical de Filmanova Invest S.A.

Novas funcións de "Snakizados", de Ancora Produccións

     Ancora Produccións ofrecerá tres funcións autoxestionadas no Centro Cultural Ágora de A Coruña (rúa Ágora s/n- zona Agra do Orzán). "Snakizados" é unha comedia escrita e interprétada por Gustavo Pernas Cora, (Premio Alvaro Cunqueiro 2012 con Isobaras, vén de acadar o Premio Maruxa Villanueva de Interpretación) e dirixida por Anxela G. Abalo. Olaia Sendón é a creadora videográfica, a banda sonora asínaa DJ Michal Kamac e a iluminación Miguel Soto.

Festa dos Nomeados dos XVII Premios de Teatro María Casares

     A Asociación de Actores e Actrices de Galicia fará pública a lista dos finalistas dos XVII Premios María Casares de Teatro este mércores na súa xa tradicional Festa dos Nomeados. O acto, que será conducido pola actriz Isabel Risco, quen traerá á festa o seu personaxe Nabiza Girl, celebrarase ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Os asistentes poderán degustar os petiscos que ofrecerá Casa Alongos de Melide (www.casaalongos.com) e os viños de Altares de Postmarcos, do Barbanza, e de Toalde.

Crítica teatral: "Waltz", de Voadora

  • Dirección e escenografía: Marta Pazos
  • Elenco: José Díaz, Marta Pazos e Hugo Torres
  • Música orixinal: Jose Díaz e Hugo Torres
  • Axudante de dirección e coreografías: Uxía P. Vaello
  • Xastra: Cloti Vaello
  • Vestiario: Uxía P. Vaello. Colaboran: Amai Rodríguez, César Lombera e Toca Fedella Toca

A Plataforma de Artes Escénicas toma o Salón Teatro

     Trala función programada no Salón Teatro no día de onde (sábado 2 de febreiro de 2013) a Plataforma de Artes Escénicas tomou a sede do Centro Dramático Galego durante 3 horas. Os profesionais das artes escénicas debatiron sobre a situación actual, atendendo especialmente á actitude que está a ter a Consellería de Cultura e Educación.
Non teñen un plan, carecen de estratexia e non hai diálogo.  Salvador del Río 
En Sermos Galiza podedes acceder a máis información [fai click aquí]

AGRADECEMENTOS: Sermos Galiza
FOTOGRAFÍA: Sermos Galiza
A Plataforma de Artes Escénicas no Salón Teatro de Compostela
www.teatrogalego.com

Vidal Bolaño Recuperado: citas audiovisuais no Salón Teatro

     A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza no Salón Teatro de Santiago o ciclo "Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais", co que o vindeiro 6 de febreiro dará comezo a programación especial que o Centro Dramático Galego dedica ao autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas.
     Os profesores Inma López Silva e Xosé Manuel Fernández Castro serán os encargados de comentar e analizar os espectáculos a partir das gravacións cedidas pola familia do dramaturgo, o CDG e o Centro de Documentación Teatral do INAEM (Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música).

     DATOS DE INTERESE        
  • LUGAR: Salón Teatro de Santiago de Compostela
  • DATAS:  6, 7, 13 ,14 , 20 e 21 de Febreiro de 2013 / 6, 7, 13, 14, 20 e 21 de Novembro de 2013
  • HORA: 19:00 h
  • PREZO: Entrada gratuita ata completar aforo

Novo espazo cultural en Compostela: a Sala "Agustín Magán"


    A Sala Agustín Magán, anexa ao novo centro sociocultural de Santa Marta (en Compostela) debe o seu nome ao fundador da compañía DITEA, a máis lonxeva de Galicia e unha das máis lonxevas de España, e xerme do teatro galego contemporáneo. Pretende ser un novo espazo de exhibición de artes escénicas especialmente pensado para a creación de novos públicos, a difusión do teatro galego, (con especial énfase nas propostas de teatro amador) e a pedagoxía teatral.
        Un espazo de titularidade municipal que comezará a ter programación no segundo trimestre de 2013 e que pretende manter unha programación estable de teatro, danza, cine e audiovisual, manifestacións horais, cursos e talleres, ademais de poder ofertarse como espazo de ensaio e creación artística. Conta con 151 butacas e un espazo escénico de 11 metros de boca por 7 metros de fondo e 9 metros de altura. A zona de público conta cun sistema de grada retráctil que permite convertir o espazo nunha gran sala diáfana na que poder ofertar accións co público de pé, como concertos, funcións de teatro non á italiana, etc.

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.