Presentación da Asociación Cultural Roberto Vidal Bolaño

     Preséntase en Santiago de Compostela a Asociación Cultural Roberto Vidal Bolaño, que naceu a finais de 2012, co obxectivo de promover a figura e a obra do autor, dez anos despois da súa desaparición. O acto será o día 5 de febreiro ás 20.00 h. no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
     O colectivo inicia así, de xeito simbólico, o seu traballo no ano de Roberto Vidal Bolaño e abre as súas portas a todas as persoas que desexen formar parte da asociación. Está integrado por Belén Quintáns, Roi Vidal, Rubén Ruibal, Antón Dobao, Francisco Macías, Xosé Manuel Fernández Castro e Camilo Franco

+ INFO:  http://robertovidalbolano.org

Premios Max 2013: Mellor Autoría Teatral en Galego

Os candidatos ao Premio Max na categoría de mellor autor teatral en galego son:
  • Andrea Bayer Lloves por "Fíos"
  • Eduardo Alonso por "Piratas"
  • Eduardo Alonso por "Último Cowboy"
  • Jorge Rey por "Alicia no país das marabillas"

"Gaivotas Subterráneas", é o novo espectáculo de Talía Teatro, RTA e Voz Audiovisual

          "Gaivotas Subterráneas", dirixida por Artur Trillo, é o novo espectáculo de Talía Teatro, RTA (Recursos Técnicos Artísticos) e Voz Audiovisual que se estrea hoxe, día 24 de xaneiro, no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña ás 21:00 h. Permanecerá no Teatro Rosalía de Castro ata o día 26 de xaneiro e, seguidamente, tomarán asento no Teatro Principal de Santiago de Compostela os días 29 e 30 de xaneiro. Accede á  AXENDA TEATRAL do blog para consultar os horarios das funcións de "Gaivotas Subterráneas".

Teatro do Noroeste estrea "Linda and Freddy, ilusionistas"

     Teatro do Noroeste estrea o xoves 10 de xaneiro no Salón Teatro o seu novo espectáculo: "Linda and Freddy, ilusionistas", unha comedia post-crise que aposta por unha saída con imaxinación. Permanecerá no Salón Teatro de Santiago de Compostela ata o domingo 13 de xaneiro.
      As funcións programadas no Salón Teatro terán lugar o xoves 10 de xaneiro (estrea) ás 21.00 h, o venres 11 e sábado 12 ás 20.30 h. e o domingo 13 ás 18:00 h. As entradas estarán á venta unicamente na billeteira do Salón Teatro, aberta dende 2 horas antes do comezo do espectáculo.

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.