Avelino González é o novo Presidente da AAAG

   O pasado domingo 22 de setembro, ás 16:30h, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia celebrou Asemblea Xeral Extraordinaria na que os socios e socias da mesma elixiron unha nova Xunta Directiva. Deuse unha ampla renovación na dirección para asumir os moitos retos que lle agardan a AAAG nestes difíciles tempos para o gremio actoral.

A Xunta Directiva quedou integrada polos seguintes actores e actrices:
· Avelino González (Presidencia)
· Victoria Pérez (Vicepresidencia)
· Guillermo Carbajo (Secretaría)
· Álex Carro, Iria Pinheiro, Vicente de Souza, Marián Bañobre, Ricardo de Barreiro e Déborah Vukusic.

    A Asociación de Actores e Actrices de Galicia vén desenvolvendo unha intensa e continuada actividade desde hai case 30 anos e esta nova Xunta Directiva xa se mergullou na xestión das diversas áreas de traballo trá-las súas reunións internas. Entre os temas máis inmediatos: abordar a organización da XVIII edición dos Premios de Teatro María Casares 2014, a captación de novos asociados e continuar coas súas actividades de defensa e promoción dos actores e actrices galegos.

FOTOGRAFÍA: Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Nova Xunta Directiva da AAAG
www.teatrogalego.com

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.