Ciclo de Teatro Afeccionado en Santiago de Compostela

     
     O ciclo de teatro afeccionado "FEGATEA Móvete" chega a Santiago de Compostela da man do grupo DITEA, da propia Federación Galega de Teatro Afeccionado e do propio Concello de Santiago (Dpto. de Centros Socioculturais).
    O programa desenrolarase maioritariamente na recén estreada Sala "Agustín Magán" (CSC Santa Marta) aínda que unha das catro montaxes programadas terá lugar na sala de usos múltiples do CSC "José Saramago" de Vite.
     A entrada é de balde (ata completar o aforo) e desenrolarase os sábados 14, 21 e 28 de Setembro e o sábado 5 de Outubro ás 19.00 h.

  SALA "AGUSTÍN MAGÁN" (CSC Santa Marta)                             
  • 14 de Setembro de 2013 ás 19.00 h. - "A miña muller e o fontaneiro" de Rueiro (Vigo)
  • 21 de Setembro de 2013 ás 19.00 h. - "Eloxio da loucura" de Atrezo Teatro (Vigo)
  • 28 de Setembro de 2013 ás 19.00 h. - "Lisístrata" de Verdevejo (Portugal)
  CSC "JOSÉ SARAMAGO" (Vite)                                                
  • 5 de Outubro de 2013 ás 19:00 h. - "Consuelo" de O Trasno Novo Teatro (Vigo)

     Este é o comezo dunha colaboración estable e continuada de DITEA na programación da Sala "Agustín Magán", que naceu cun espíritu claro de potenciamento e difusión da figura de Agustín Magán e do teatro afeccionado compostelán e galego.

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.