"O Xardín das Pernas Roubadas" de Tuerka Teatro

      O Xardín das Pernas Roubadas, espectáculo que se estreará no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña o próximo 31 de outubro de 2013, é o primeiro proxecto teatral da compañía de nova formación, Tuerka Teatro
     Para poder levar a cabo dito proxecto, os membros de Tuerka Teatro teñen organizado unha campaña de recadación de fondos baseada no sistema do micromecenazgo. A través de pequenas aportacións económicas de mecenas particulares, e a cambio dunha serie de recompensas, o obxetivo de dita campaña é o de obter os 6.000€ que lles permitan afrontar a primeira fase da produción do espectáculo.
     O Xardín das Pernas Roubadas é un texto de Xoán Carlos Mejuto, dirixido por el mesmo coa colaboración de Iria Ares e cun  reparto que reúne a César Cambeiro, Santi Romay, Xoán Carlos Mejuto, Manuela Varela, Daniel Currás, Marita Martínez, Lucía Sánchez e Dani Lozano
     Para poder colaborar co proxecto, os membros de Tuerka Teatro poñen a disposición un enlace á plataforma web de Verkami: http://www.verkami.com/projects/6079-o-xardin-das-pernas-roubadas O blog www.teatrogalego.com xa fixo a súa pequena aportación. Fai ti a túa e apoia o teatro galego!

Crowndfunding teatro galego: "O xardín das pernas roubadas"
www.teatrogalego.com
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.