Festival de Monicreques "Titirinoia": 20,21,22 de Agosto 2013

     Este martes 20 de agosto dará comezo o I Festival de Monicreques "Titirinoia" organizado polo Concello de Noia e a distribuidora Urdime que ó longo de tres días, ata o 22 de agosto, encherá as rúas de Noia de monicreques.  
      Terán presenza durante tres días as compañías galegas máis relevantes: Seisdedos Títeres, Tanxarina Títeres, Títeres Mircromina, A Xanela do Maxín, Títeres Trompicallo e Fantoches Baj , aínda que tamén haberá representacións de fora do país coa compañía vasca Títeres Babaluva

    Neste festival tampouco faltarán propostas dirixidas a outros públicos entre elas o músico Pulpiño Viascon co seu serrucho máxico interpretará bandas sonoras con instrumentos pouco usuais acompañado de imaxes que nos recordarán películas históricas. Tamén a "Casa dos xogos" coa súa ludoteca xiramundos chegada de Francia da man de Cedric Bouchard e a proxección do documental "Morreu o demo acabouse a peseta" serán propostas das que poderemos gozar de redor do Títirinoia.

I Festival de monicreques "Titirinoia"
www.teatrogalego.com
AGRADECEMENTOS: Urdime

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.