Troco x Troco: circuíto de intercambio teatral Galicia-Portugal

     A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha "Troco x Troco": un circuíto de intercambio teatral entre Galicia e Portugal, cun total de 32 actuacións en 8 espazos.
  • Sarabela Teatro, Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego e Teatro do Noroeste-Centro Dramático Galego presentarán os seus novos espectáculos en Braga, Coimbra, Évora e Porto 
  • Pola súa banda, as compañías residentes nos teatros municipais destas catro cidades actuarán no Pazo da Cultura de Narón, no Salón Teatro de Santiago, no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui e no Teatro Principal de Ourense
     Cultura e Educación promove a posta en marcha deste proxecto a través dun acordo asinado entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Centro Dramático Galego (CDG) coa Cena Lusófona-Associação Portuguesa para o Intercâmbio Teatral. O obxectivo é recuperar e normalizar as relacións entre as escenas galega e portuguesa, de xeito que o diálogo teatral transcenda o ámbito exclusivamente profesional para implicar tamén os espectadores.
    Os últimos espectáculos das compañías galegas Teatro do Morcego, Sarabela Teatro, Teatro do Noroeste en coprodución co CDG e Teatro do Atlántico chegarán aos espectadores do país veciño entre os meses de outubro e novembro nos catro destinos portugueses xa citados. 
     Pola súa banda, os teatros galegos acollerán as propostas escénicas da Escola da Noite de Coimbra, Centro Dramático de Évora (Cendrev), Companhia de Teatro de Braga (CTB) e Seiva Trupe do Porto, todas elas compañías residentes dos espazos que conforman a parte portuguesa do circuíto.

ESPECTÁCULOS DE TEATRO GALEGO EN PORTUGAL
  • Sarabela Teatro: "Rosalía. Os cantares das musas"
  • Teatro do Atlántico: "A charca inútil"
  • Teatro do Morcego: "A función do tequila"
  • Teatro do Noroeste (coproduc. CDG): "Touporroutou da lúa e do sol"
ESPECTÁCULOS DE TEATRO PORTUGUÉS EN GALICIA
  • Conpanhia de Teatro de Braga: Concerto "á la carte" e "Sabe Deus pintar o Diabo"
  • Seiva Trupe: "Adivinhe quem vem para rezar"
  • A Escola da noite: (espectáculo por confirmar)
  • Centro Dramático de Évora: (espectáculo por confirmar)

PROGRAMACIÓN EN GALICIA DE "TROCO X TROCO"

· NARÓN - Pazo da Cultura de Narón
  • 5 de Outubro de 2013: Companhia de Teatro de Braga
  • 9 de Novembro de 2013: Seiva Trupe
  • 1º semestre de 2014: A Escola da Noite
  • 1º semestre de 2014: Centro Dramático de Évora
· OURENSE - Teatro Principal de Ourense
  • 27 de outubro de 2013: Companhia de Teatro de Braga
  • 24 de novembro de 2013: Seiva Trupe
  • 1º semestre de 2014: A Escola da Noite
  • 1º semestre de 2014: Centro Dramático de Évora
· SANTIAGO - Salón Teatro de Santiago de Compostela
  • 31 de outubro de 2013: Companhia de Teatro de Braga
  • 7 de novembro de 2013: Seiva Trupe
  • 1º semestre de 2014: A Escola da Noite
  • 1º semestre de 2014: Centro Dramático de Évora
· TUI - Teatro Municipal Área Panorámica
  • 24 de outubro de 2013: Companhia de Teatro de Braga
  • 22 de novembro de 2013: Seiva Trupe
  • 1º semestre de 2014: A Escola da Noite
  • 1º semestre de 2014: Centro Dramático de Évora

PROGRAMACIÓN EN PORTUGAL DE "TROCO X TROCO"

· BRAGA - Theatro Circo de Braga
  • Sarabela Teatro: 23 de outubro de 2013
  • Teatro do Noroeste-CDG: 24 de outubro de 2013
  • Teatro do Atlántico: 25 de outubro de 2013
  • Teatro do Morcego: 26 de outubro de 2013
· COIMBRA - Teatro da Cerca de Sao Bernardo
  • Sarabela Teatro: 30 de outubro de 2013
  • Teatro do Noroeste-CDG: 31 de outubro de 2013
  • Teatro do Atlántico: 1 de novembro de 2013
  • Teatro do Morcego: 2 de novembro de 2013
· ÉVORA - Teatro Garcia de Resende
  • Teatro do Atlántico: 23 de outubro de 2013
  • Teatro do Morcego: 24 de outubro de 2013
  • Sarabela Teatro: 25 de outubro de 2013
  • Teatro do Noroeste-CDG: 26 de outubro de 2013
· PORTO - Teatro do Campo Alegre
  • Teatro do Atlántico: 30 de outubro de 2013
  • Teatro do Morcego: 31 de outubro de 2013
  • Sarabela Teatro: 1 de novembro de 2013
  • Teatro do Noroeste-CDG: 2 de novembro de 2013

AGRADECEMENTOS: Prensa Agadic
Troco x Troco: circuíto de intercambio teatral Galicia-Portugal
www.teatrogalego.com - Carla Capeáns
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.