"C'est la vie", de Matriohska Teatro

    Matrioshka Teatro presenta no Salón Teatro de Santiago de Compostela o seu primeiro espectáculo: "C'est la vie". O elenco do espectáculo confórmano Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo. Así mesmo, Marta Pazos asina a dirección e a dramaturxia.
        Poderedes ver C'est la vie no Salón Teatro de Santiago de Compostela os días 20 e 21 de maio de 2013 ás 20:30 h. A entrada ten un prezo de 10 € (con descontos do 40% para titulares do carné xove, estudantes, desempregados, xubilados e profesionais das artes escénicas que acrediten a súa condición). Poderanse mercar na taquilla do propio teatro dende dúas horas antes do comezo do espectáculo. Consulta a AXENDA TEATRAL do blog para coñecer a programación teatral.

   FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA                 
· Elenco: Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo
· Deseño de vestiario e coreografía: Uxía P. Vaello
· Xastra: Cloti Vaello
· Escenografía e atrezzo: Maraña
· Maquillaxe e perruquería: Trini F. Silva
· Iluminación e son: Javier Quintana
· Fotografía: Inés Salvado
· Realización e edición de vídeo: Emilio Carral
· Deseño: Maraña
· Produción: Matrioshka Teatro
· Distribución: Culturactiva
 
      C'est la vie chegou a Compostela o 19 de maio trala súa estrea o pasado mes de marzo en A Estrada. Trátase dunha proposta contemporánea que, como explica a propia compañía, ofrece unha "reflexión intensa e caleidoscópica sobre o tempo e os seus rastros". Pensada para espectadores a partir dos 14 anos de idade, a montaxe aborda o paso do tempo desde puntos de vista inauditos e sorprendentes, que van desde ese segundo que pode cambiar unha vida ao movemento acompasado entre o paso das horas e o corazón.


FOTOGRAFÍAS: Inés Salvado
AGRADECEMENTOs: Sección de prensa do Centro Dramático Galego

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.