Campaña de captación escolar para a coprodución "Touporroutou da lúa e do sol", de Roberto Vidal Bolaño

     O Centro Dramático Galego abre o prazo de reserva de localidades para aconcertación da asistencia de centros de ensino durante o mes de outubro no Salón Teatro de Santiago de Compostela ao espectáculo "Touporroutou da lúa e do sol", coprodución con Teatro do Noroeste sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Nesta ocasión, cóntase coa dirección escénica de Eduardo Alonso e a colaboracion da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) na procura da experiencia de combinar o traballo de actores e actrices recentemente egresados con outros de contrastada experiencia.
  • CALENDARIO: As funcións escolares serán de martes a venres, con dous pases cada día, ás 10.00 e ás 12.00 horas. Os días dispoñibles con esta programación son o 8, 9, 10, 11, 15, 16, 17 e 18 de Outubro de 2013.
  • IDADE RECOMENDADA: A partir de 6 anos.
  • RESERVAS: As reservas quedan rexistradas por rigorosa orde de solicitude chamando ao número de teléfono do CDG 981 581 111 (extensión 11)
  • PREZOS: O prezo con desconto para escolares e grupos organizados, previa reserva, é de 4,00 euros. Os mestres e acompañantes dos cativos accederán de balde.
     Para incidir no achegamento dos alumnos á obra, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia está a elaborar un caderno pedagóxico, do que é autor o profesor Roberto Pascual coas claves de achegamento tanto ao texto como á montaxe do CDG. Touporroutou da lúa e do sol, texto considerado o de máis alta calidade escénica de todos os escritos polo dramaturgo para o público infantil, preséntase como unha "farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa". Nel, catro titiriteiros contan, axudados dos máis diversos elementos, historias sobre a orixe celta da lúa e o sol, dos días e as noites, do diluvio universal e doutros moitos aconteceres.

AGRADECEMENTOS: Centro Dramático Galego

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.