Premio de Honra Marisa Soto 2013: Pilar Pereira

     Pilar Pereira recibirá o Premio de Honra Marisa Soto, galardón outorgado pola Asociaciónde Actores e Actrices de Galicia, o próximo 27 de marzo durante a cerimonia dos Premios María Casares. Con esta distinción, o gremio recoñece a longa traxectoria profesional dunha intérprete que, ao longo de sesenta anos, traballou sobre os escenarios de Galicia, España, Francia, Bélxica e América Latina.

     A Asociación de Actores e Actrices de Galicia creou o Premio de Honra Marisa Soto hai xa dezaseis anos co obxectivo de distinguir a dedicación e a carreira de persoeiros ou colectivos que, ao longo da súa vida, afondaron na dignificación do sector escénico en Galicia e a súa profesionalización. O galardón, dende o seu nacemento, entrégase na cerimonia dos Premios María Casares que, neste 2013, acada a súa 17ª edición e que se celebrará o 27 de marzo na Coruña, coincidindo co Día Mundial do Teatro. Os premios do teatro galego contan coa colaboración de diversas institucións e entidades que, co seu apoio, amosan a relevancia cultural e social que o teatro posúe no noso país. A Consellería de Cultura e Educación, através da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Concello da Coruña, a Fundación AISGE, GADISA oua Fundación Autor (SGAE) son algúns dos patrocinadores dos María Casares.

GALARDOADOS CO PREMIO DE HONRA MARISA SOTO DA AAAG 
  • 1997 Agustín Magán
  • 1998 Manuel Lourenzo
  • 1999 Maruxa Villanueva
  • 2000 Manuel Gallart
  • 2001 Asociación Cultura Abrente
  • 2002 Fundación Teatro Principal de Tui
  • 2003 Celebración dos 25 anos de teatro profesional
  • 2004 Padroado da Cultura do Concello de Narón
  • 2005 Luís Álvarez Pousa
  • 2006 Dorotea Bárcena
  • 2007 Concha Abad
  • 2008 Rubén García
  • 2009 Ana Romaní
  • 2010 Gonzalo Uriarte
  • 2011 Xan Cejudo
  • 2012 Sala Nasa


AGRADECEMENTOS: Alberto Ramos, Prensa Premios de Teatro María Casares
www.teatrogalego.com

0 comentarios:

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.