CDG: "Días sen gloria", de Roberto Vidal Bolaño


     Días sen gloria, premio Rafael Dieste en 1992 e finalista dos Premios Nacionais de Literatura, é, na brillante produción literaria de Roberto Vidal Bolaño, un dos seus textos máis audaces. O Centro Dramático Galego estrea o 5 de abril de 2013 (no Salón Teatro de Santiago de Compostela) este texto de Vidal Bolaño baixo a dirección de Fefa Noia. Consulta a AXENDA TEATRAL do blog para coñecer todas as funcións de Días sen gloria en Santiago de Compostela.
O relato do Camiño Francés: un territorio no que o paradigma amor-morte se revela en atmosfera inquietante, como compañeiro inseparable de quen peregrina disposto a arriscalo todo. É este o vimbio central co que Vidal Bolaño construíu este xeito de road movie que conclúe no final dun oeste europeo, ao pé de Compostela. Entramentres, a aventura, o espíritu do camiño anegándoo todo, envolto de violencia e de ternura, de derrota e vellas fraternidades.
      FICHA ARTÍSTICA        
· Manuel Manquiña
· Sergio Zearreta
· Eva Souto
· Felisa Segade
· Borja Fernández

      FICHA TÉCNICA           
· Autoría: Roberto Vidal Bolaño
· Dirección: Fefa Noia
· Escenografía: Baltasar Patiño
· Espazo lumínico: Pedro Yagüe
· Figurinismo: Alejandro Andújar
· Asistencia á dirección: Roi Vidal
· Produción: Fran Veiga
· Caderno pedagóxico: Montse Pena (Gálix)

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.