Vidal Bolaño Recuperado: citas audiovisuais no Salón Teatro

     A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza no Salón Teatro de Santiago o ciclo "Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais", co que o vindeiro 6 de febreiro dará comezo a programación especial que o Centro Dramático Galego dedica ao autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas.
     Os profesores Inma López Silva e Xosé Manuel Fernández Castro serán os encargados de comentar e analizar os espectáculos a partir das gravacións cedidas pola familia do dramaturgo, o CDG e o Centro de Documentación Teatral do INAEM (Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música).

     DATOS DE INTERESE        
  • LUGAR: Salón Teatro de Santiago de Compostela
  • DATAS:  6, 7, 13 ,14 , 20 e 21 de Febreiro de 2013 / 6, 7, 13, 14, 20 e 21 de Novembro de 2013
  • HORA: 19:00 h
  • PREZO: Entrada gratuita ata completar aforo
     PROGRAMACIÓN "Vidal Bolaño Recuperado: citas audiovisuais"         
  • 6 de febreiro 2013: "Agasallo de sombras"
  • 7 de febreiro 2013: "Rosalía"
  • 13 de febreiro 2013: "Laudamuco, señor de ningures"
  • 14 de febreiro 2013: "Saxo tenor"
  • 20 de febreiro 2013: "Anxeliños!"
  • 21 de febreiro 2013:  "Animaliños"
  • 6 de novembro 2013: "As actas escuras"
  • 7 de novembro 2013: "Xelmírez ou a gloria de Compostela"
  • 13 de novembro 2013: "A burla do galo"
  • 14 de novembro 2013: "Mar revolto"
  • 20 de novembro 2013: "Rastros"
  • 21 de novembro 2013: "Caprice des dieux"

AGRADECEMENTOS
: Centro Dramático galego
Vidal Bolaño Recuperado: citas audiovisuais no Salón Teatro de Compostela
www.teatrogalego.com
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.