Novo espazo cultural en Compostela: a Sala "Agustín Magán"


    A Sala Agustín Magán, anexa ao novo centro sociocultural de Santa Marta (en Compostela) debe o seu nome ao fundador da compañía DITEA, a máis lonxeva de Galicia e unha das máis lonxevas de España, e xerme do teatro galego contemporáneo. Pretende ser un novo espazo de exhibición de artes escénicas especialmente pensado para a creación de novos públicos, a difusión do teatro galego, (con especial énfase nas propostas de teatro amador) e a pedagoxía teatral.
        Un espazo de titularidade municipal que comezará a ter programación no segundo trimestre de 2013 e que pretende manter unha programación estable de teatro, danza, cine e audiovisual, manifestacións horais, cursos e talleres, ademais de poder ofertarse como espazo de ensaio e creación artística. Conta con 151 butacas e un espazo escénico de 11 metros de boca por 7 metros de fondo e 9 metros de altura. A zona de público conta cun sistema de grada retráctil que permite convertir o espazo nunha gran sala diáfana na que poder ofertar accións co público de pé, como concertos, funcións de teatro non á italiana, etc.

     SALA "AGUSTÍN MAGÁN"       
  • ENDEREZO: Centro Sociocultural de Santa Marta (Rúa Antonio Rama Seoane, nº 6)
  • TELF: 981543017
  • FAX: 981543018
  • EMAIL: cscsantamarta@santiagodecompostela.org
  • HORARIO: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00h

      FOTOGRAFÍAS SALA "AGUSTÍN MAGÁN"    
sala-teatro-agustin-magan-santiago

Sala "Agustín Magán" no CSC Santa Marta
www.teatrogalego.com

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.