Novas funcións de "Snakizados", de Ancora Produccións

     Ancora Produccións ofrecerá tres funcións autoxestionadas no Centro Cultural Ágora de A Coruña (rúa Ágora s/n- zona Agra do Orzán). "Snakizados" é unha comedia escrita e interprétada por Gustavo Pernas Cora, (Premio Alvaro Cunqueiro 2012 con Isobaras, vén de acadar o Premio Maruxa Villanueva de Interpretación) e dirixida por Anxela G. Abalo. Olaia Sendón é a creadora videográfica, a banda sonora asínaa DJ Michal Kamac e a iluminación Miguel Soto.
     As funcións terán lugar o día 28 de febreiro e 1 de marzo, ás 20:30 h. (o prezo das entradas é de 8 € ou 6 € con carné de estudante) Tamén haberá unha función especial para estudantes a partir de 14 anos, o día 1 de marzo ás 12 h. da mañá. (prezo das entradas é de 4€). Pódense mercar as entradas na billeteira do Centro Cultural Ágora (só o día da función) Tamén se poden adquirir mediante televenta chamando ao 902504500 de luns a sábado e en internet (www.servinova.com).

   SNAKIZADOS, de Ancora Produccións       

   DATOS TÉCNICOS                
  • Xénero: Comedia
  • Duración apróximada: 70 minutos
  • Público: A partir de 12 anos/ adultos
   EQUIPO ARTÍSTICO               
  • Deseño escenografía: Ancora Produccións
  • Deseño iluminación: Miguel Soto
  • Deseño vestiario: Ánxela G. Abalo
  • Espazo sonoro: DJ Michal Kamac
  • Creación videográfica: Olaia Sendón
  • Maquillaxe: Dolores Centeno
  • Cartel e fotos: Anxo Rey
  • Axudante de dirección: Muriel Pernas
  • Deseño de producción: Ánxela G. Abalo

Agradecementos: Ánxela G. Abalo
Fotografía: Anxo Rey

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.