Festa dos Nomeados dos XVII Premios de Teatro María Casares

     A Asociación de Actores e Actrices de Galicia fará pública a lista dos finalistas dos XVII Premios María Casares de Teatro este mércores na súa xa tradicional Festa dos Nomeados. O acto, que será conducido pola actriz Isabel Risco, quen traerá á festa o seu personaxe Nabiza Girl, celebrarase ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Os asistentes poderán degustar os petiscos que ofrecerá Casa Alongos de Melide (www.casaalongos.com) e os viños de Altares de Postmarcos, do Barbanza, e de Toalde.

     Con este acto, daranse a coñecer os nomeados ao premios teatro galego, que se dividen nun total de 13 categorías, atendendo así a todas as facetas da produción escénica. Coa Festa dos Nomeados, comeza a conta atrás para a cerimonia dos XVII Premios María Casares, que este ano se celebrará o 27 de marzo, coincidindo co Día Mundial do Teatro, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. 

     En total, 28 montaxes escénicas das diferentes compañías do país e 239 profesionais do sector presentaron as súas candidaturas aos María Casares, que neste ano acadan a súa 17ª edición e que contará coa  colaboración de, entre outras entidades, a Consellería de Cultura e Educación, o Concello da Coruña, a  Fundación AIGSE, GADISA, Fundación Autor-SGAE ou o Concello de Ames.

Podes consultar o listado de candidatos premendo [aquí]

Agradecementos: Prensa Asociación de Actores e Actrices de Galicia
www.teatrogalego.com

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.