Nomeados aos Premios María Casares 2013

     O primeiro será agradecer á Asociación de Actores e Actrices de Galicia o convite a esta VI Festa dos Nomeados e a Alberto Ramos o seu excelente traballo na sección de prensa destes Premios de Teatro María Casares. Logo de asistir á VI Festa dos Nomeados aos Premios de Teatro María Casares no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames) déixovos o resultado final destas nominacións.

- MELLOR MAQUILLAXE:
    · Fani Bello por Tokio 3, de Voadora
    · Raquel Fidalgo por Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro
    · Trini Fernández por Galicia Caníbal. O Musical de Filmanova Invest S.A.
- MELLOR VESTIARIO:
    · Carlos Alonso por Galicia Caníbal. O Musical de Filmanova Invest S.L.
    · Suso Montero por Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro
    · Uxía P. Vaello por Tokio 3 de Voadora

- MELLOR ILUMINACIÓN:
    · Baltasar Patiño por Tokio 3 de Voadora
    · Pedro Fresneda por Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro
    · Xúlio Lago por O método Grönholm de Talía Teatro
    · Afonso Castro por Decamerón. Historias para tempos ruíns de Abrapalabra C. Escénicas

- MELLOR MÚSICA ORIXINAL:
    · José Díaz e Hugo Torres por Tokio 3 de Voadora
    · Manuel Riveiro por Curriculum vitae de Redrum Teatro
    · Suso Alonso por O fantabuloso cine ambulante dos irmáns Lumieira de Os Irmáns Lumieira

- MELLOR ADAPTACIÓN - TRADUCIÓN:
    · Ánxeles Cuña Bóveda por Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro
    · Artur Trillo por O método Grönholm de Talía Teatro
  · Cándido Pazó por Decamerón. Historias para tempos ruín de Abrapalabra C. Escénicas

- MELLOR TEXTO ORIXINAL EN GALEGO:
    · Gustavo Pernas Cora por Snakizados. Comedia da fin do mundo de Ancora Producións
    · Carlos Blanco por Lalelo! de Lospregos S.L.
    · Santiago Cortegoso por Pequenos actos pseudorevolucionarios de Ibuprofeno Teatro
    · Álex Sampaio, Borja F. Caamaño, Diego Ameixeiras, Araceli Conda, Avelino González, Manolo Cortés e José Prieto por Curriculum vitae de Redrum Teatro

- MELLOR ESCENOGRAFÍA:
    · Marta Pazos por Tokio 3 de Voadora
    · Suso Montero por O método Grönholm de Talía Teatro
    · Suso Montero por Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro

- MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA:
    · Luisa Merelas por A función do tequila de Teatro do Morcego
    · Rebeca Montero por O profesional do Centro Dramático Galego
    · Sabela Gago por Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro

- MELLOR ACTOR SECUNDARIO:
    · Josito Porto por Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro
    · Lino Braxe por Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro
    · Víctor Mosqueira por Galicia Caníbal. O Munical de Filmanova Invest S.A

- MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA:
    · Ana Santos por Desfeitos de Teatro Galileo
    · Camila Bossa por Malos Hábitos de Iolanda Muiños e Camila Bossa
    · Iolanda Muíños por Malos Hábitos de Iolanda Muíños e Camila Bossa
    · Marián Bañobre por Pequenos actos pseudorevolucionarios de Ibuprofeno Teatro
    · Marta Pazos por Tokio 3 de Voadora

- MELLOR ACTOR PROTAGONISTA:
    · Artur Trillo por O método Grönholm de Talía Teatro
    · Hugo Torres por Tokio 3 de Voadora
    · Manuel Manquiña por A función do Tequila de Teatro do Morcego
    · Víctor Mosqueira por Románticos! de Producións Teatrais Excéntricas
    · Xosé Manuel Oliveira "Pico" por Kafka e a boneca viaxeira de Eme2 emoción&arte

- MELLOR DIRECCIÓN:
    · Ánxeles Cuña Bóveda por Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro
    · Marta Pazos por Tokio 3 de Voadora
    · Xúlio Lago por O método Grönholm de Talía Teatro

- MELLOR ESPECTÁCULO:
    · Nuncabunga de Elefante Elegante SC
    · Tokio 3 de Voadora
    · Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro

     Viaxe a ningunha parte, de Sarabela Teatro, converteuse na montaxe con maior número de finalistas, ao obter un total de 10 nomeamentos, incluíndo ao mellor espectáculo e á dirección. Tokio 3, de Voadora, aspira a 9 galardóns, entre eles tamén o de dirección e espectáculo. O metodo Grönholm, de Talía Teatro, é a terceira produción con maior número de finalistas, ao optar ao premio en 5 categorías. Pola súa banda, o musical Galicia Caníbal, de Filmanova Invest SA, podería acadar até 3 xerras dos María Casares.
     
     As obras Currículum Vitae, de Redrum Teatro; Decamerón. Historias para tempos ruíns, de Abrapalabra Creacións Escénicas; A función do tequila, de Teatro do Morcego; Malos Hábitos, de Iolanda Muíños e Camila Bossa, e Pequenos actos pseudorrevolucionarios que non serven para cambiar o mundo, pero fan que quedemos máis tranquilos, de Ibuprofeno Teatro, lograron dous postos finalistas.

     Cun nomeamento sitúanse os espectáculos O fantabuloso cine ambulante dos Irmáns Lumieira, dos Irmáns Lumieira; O profesional, do Centro Dramático Galego; ¡Lalelo!, de Lospregos; Snakizados.Comedia da fin do mundo, de Ancora Produccións; Románticos!, de Producións Teatráis Excéntricas; Kafka e a boneca viaxeira, de Eme2; Nuncabunga, de Elefante Elegante, e Desfeitos, de Teatro Galileo.

AGRADECEMENTOS: Alberto Ramos (Comunicación dos Premios María Casares)
FOTOGRAFÍAS: Gabriel Tizón
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.