Teatro do Noroeste estrea "Linda and Freddy, ilusionistas"

     Teatro do Noroeste estrea o xoves 10 de xaneiro no Salón Teatro o seu novo espectáculo: "Linda and Freddy, ilusionistas", unha comedia post-crise que aposta por unha saída con imaxinación. Permanecerá no Salón Teatro de Santiago de Compostela ata o domingo 13 de xaneiro.
      As funcións programadas no Salón Teatro terán lugar o xoves 10 de xaneiro (estrea) ás 21.00 h, o venres 11 e sábado 12 ás 20.30 h. e o domingo 13 ás 18:00 h. As entradas estarán á venta unicamente na billeteira do Salón Teatro, aberta dende 2 horas antes do comezo do espectáculo.



      FICHA ARTÍSTICA             
· Dirección: Eduardo Alonso
· Elenco:
       Luma Gómez
       Eduardo Alonso
       Lino Braxe
       Alejandro Carro

      FICHA TÉCNICA                 
· Iluminación: Eduardo Alonso
· Fotografía: Tino Viz
· Colaboración na dirección: Imma António
· Escenografía e indumentaria: Equipo Taetro
· Música: Bernardo Martínez (Canción de Linda)
Linda and Freddy, ilusionistas é un espectáculo comprometido coa realidade máis actual e complexa: a crise que domina Europa. Pero esta realidade transfórmase rapidamente. Agora parece que o caos está máis próximo, que estamos máis cerca do abismo. Con respecto a esa situación, digamos, externa, Linda and Freddy, ilusionistas sitúase despois do caos, a outra banda do que vaia acontecer. Xa non somos Europa, somos o caos e a revolta constante. As persoas de ben non queren saír das súas casas, e quen se aventura a facelo, arríscase a non volver, a ser asaltado ou a perecer nas constantes revoltas nas rúas. Linda and Freddy, ilusionistas presenta un panorama externo desolador pos - crise. E pechados na súa casa, tentando estar a cuberto do que acontece nas rúas, están as personaxes desta obra, Linda e Freddy, nunha casa na que lle cortaron todo, a luz, o teléfono, mesmo case o aire para respirar, alí agochados, sen atreverse a saír máis que para realizar a pequena compra diaria das súas provisións. 

Agradecementos: Teatro do Noroeste, Centro Dramático Galego
Fotografía: Tino Viz
Estrea de Teatro do Noroeste: "Linda and Freddy, ilusionistas"
www.teatrogalego.com

0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.