XII Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

   O Festival de Teatro Afeccionado "Agustín Magán" organizado pola FEGATEA chega a Santiago de Compostela un ano máis. Comezará o xoves 5 de decembro e prolongarase ata o día 8 de decembro en dous espazos da cidade compostelá: o Salón Teatro e o Teatro Principal. As entradas teñen un prezo de 4€ e 12€ (bono de 4 funcións) e están á venda na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18.00 h. a 21.00 h. e os días do festival de 17.00 h. a 21.00 h.)

   Este ano os espectáculos finalistas foron: "Santa Perpetua" de NNC Teatro, "Troianas" de Carfax Teatro, "República de Gundián" de Andaravía Teatro, "Consuelo", de O Trasno Novo Teatro, "Radio Universo" de Nostrum Cai  e "A ratoeira" de Aturuxo de Melpómene.

  PROGRAMACIÓN FESTIVAL AGUSTÍN MAGÁN 2013                                                      
  • Xoves 5 decembro - 21.00 h - Salón Teatro: "Santa Perpetua" de NNC Teatro
  • Venres 6 decembro - 19.00 h - Teatro Principal: "As troianas" de Carfax Teatro
  • Venres 6 decembro - 21.00 h - Salón Teatro: "República de Gundián" de Andaravía Teatro
  • Sábado 7 decembro - 19.00 h - Teatro Principal: "Consuelo" de O Trasno Novo Teatro
  • Sábado 7 decembro - 21.00 h - Salón Teatro: "Radio Universo" de Nostrum Cai
  • Domingo 8 decembro - 19.00 h Teatro Principal: "A ratoeira" de Aturuxo de Melpómene
+ info en: http://www.fegatea.blogspot.com.es/

AGRADECEMENTOS: Directiva da FEGATEA

Funboa Escénicas estrea en Santiago "Sigue buscando"

   Despois de bater a raquetazos un corazón no seu primeiro espectáculoa compañía Funboa Escénica volve cun traballo sobre o fracaso con Estevo Azañón e Cristina Balboa. O que comezara como unha serie web para difundir o proceso de Sigue Buscando, abrirase  ó público na Zona C de Santiago de Compostela o xoves 7 de novembro ás 20:30 h. Permanecerá en cartel ata o día 17 de novembro.
Despois de un ano comprometid@s co fracaso, facendolle as beiras, chamando por él, provocandoo, despois de largas charlas  con taciñas de té,  chegamos a unha conclusión: Cando o fracaso triunfe teremos éxito.

Avelino González é o novo Presidente da AAAG

   O pasado domingo 22 de setembro, ás 16:30h, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia celebrou Asemblea Xeral Extraordinaria na que os socios e socias da mesma elixiron unha nova Xunta Directiva. Deuse unha ampla renovación na dirección para asumir os moitos retos que lle agardan a AAAG nestes difíciles tempos para o gremio actoral.

A Xunta Directiva quedou integrada polos seguintes actores e actrices:
· Avelino González (Presidencia)
· Victoria Pérez (Vicepresidencia)
· Guillermo Carbajo (Secretaría)
· Álex Carro, Iria Pinheiro, Vicente de Souza, Marián Bañobre, Ricardo de Barreiro e Déborah Vukusic.

Julietavirtual: o novo proxecto de Anómico Teatro

     Julietavirtual é un proxecto desenvolvido por Anómico Teatro baixo a premisa da interrelación de materiais de video, danza, teatro e performance. O texto do que se parte, subtitulado "Como emular a Heiner cun desatascador" é un panfleto abertamente político e escrito en verso que resucita á Julieta de Shakespeare para crear un virus de xustiza na Rede. O discurso visual de Julietavirtual circunda en todo momento a fractura no ritmo, dende silencios de escuro ou zonas de extrema lentitude á emisión espectral de mensaxes de carácter subliminal.
     O día 20 de setembro Julietavirtual chegará á cidade de A Coruña: ás 20.30 h. na Casa Tomada. Podes consultar a AXENDA TEATRAL do blog para coñecer a programación teatral.

  FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA                        
  · Autoría e dirección: Julio Fernández Peláez
  · Elenco: Eva Alfonso
  · Iluminación: Antón Ferreiro
    E coa colaboración de Zaida Gómez
  · Duración: 1 hora e 8 minutos
  · Ano de creación: 2013

Programación Sala "Agustín Magán": Outubro-Decembro 2013

     A Sala Agutín Magán de Santiago de Compostela sita no Centro Sociocultural de Santa Marta xa conta con unha programación teatral para os meses de outrubro, novembro e decembro de 2013. 
    É de destacar a denominada "Semana Agustín Magán", unha semana-homenaxe ao director compostelán, que se celebrará do 5 ao 9 de Novembro e que incluirá obradoiros infantís, unha actuación do grupo DITEA, un acto institucional homenaxe a Agustín Magán ou unha pequena mostra expositiva sobre a historia de DITEA, entre outros eventos.

Lugar: Sala Agustín Magán de Santiago de Compostela (CSC Santa Marta)
Prezo das entradas: GRATUITA (ata completar o aforo)*Excepto aquelas nas que se especifica o prezo
Lenda:  Teatropara público infantil e familiar    Teatro para público adulto

  OUTUBRO 2013                                                                                                      
  • Sábado 5 e Domingo 6 de Outubro ás 20.00 h. -  Oiseau Rebelle*  de Funboa Escénica. [6 €]
  • Sábado 19 de Outubro ás 18.00 h. Comendo pementos de Padrón con Tarantino  de Carrachanacacha
  • Sábado 26 de Outubro ás 19.00 h. -  Pim, Pam, Clown!  de NNC Teatro

Ciclo de Teatro Afeccionado en Santiago de Compostela

     
     O ciclo de teatro afeccionado "FEGATEA Móvete" chega a Santiago de Compostela da man do grupo DITEA, da propia Federación Galega de Teatro Afeccionado e do propio Concello de Santiago (Dpto. de Centros Socioculturais).
    O programa desenrolarase maioritariamente na recén estreada Sala "Agustín Magán" (CSC Santa Marta) aínda que unha das catro montaxes programadas terá lugar na sala de usos múltiples do CSC "José Saramago" de Vite.
     A entrada é de balde (ata completar o aforo) e desenrolarase os sábados 14, 21 e 28 de Setembro e o sábado 5 de Outubro ás 19.00 h.

Aula de Teatro da USC: programa formación 2013-2014

     A Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela estrea un novo programa de formación teatral que podes consultar neste link. Ademáis, o mércores 11 de setembro ás 19.30 h haberá unha xornada de portas abertas na Sala Roberto Vidal Bolaño (tras a Facultade de Farmacia e xunto ao Observatorio). Por outra banda, as probas de acceso á compañía terán lugar na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño os días 17,18 e 19 de setembro, a partir das 18:00h.

Matarile Teatro volve aos escenarios con "Staying Alive"

      Matarile Teatro volve aos escenarios coa estrea de "Staying Alive" os días 27, 28, e 29 de setembro e 4, 5, e 6 de outubro no Auditorio da Universidade (tras a Facultade de Farmacia) en Santiago de Compostela. Podes consultar a AXENDA TEATRAL do blog para coñecer a programación teatral.
    Era cuestión de tempo que Matarile Teatro reunise un elenco composto maioritariamente por intérpretes que proceden do mundo da danza. Neste caso tres mulleres: Mónica García, Rut Balbís e Nuria Sotelo, bailarinas/actrices coas que Ana Vallés compartirá a escena, asumindo tamén a dirección. O proceso de creación transcorreu durante os meses de xullo, agosto e setembro dentro do Auditorio da Universidade, un antigo espazo de exhibición que se encontra neste momento desmantelado, casi diáfano, que perdeu totalmente as suas características de teatro/auditorio para converterse nun espazo con un gran potencial escénico.

Festival de Monicreques "Titirinoia": 20,21,22 de Agosto 2013

     Este martes 20 de agosto dará comezo o I Festival de Monicreques "Titirinoia" organizado polo Concello de Noia e a distribuidora Urdime que ó longo de tres días, ata o 22 de agosto, encherá as rúas de Noia de monicreques.  
      Terán presenza durante tres días as compañías galegas máis relevantes: Seisdedos Títeres, Tanxarina Títeres, Títeres Mircromina, A Xanela do Maxín, Títeres Trompicallo e Fantoches Baj , aínda que tamén haberá representacións de fora do país coa compañía vasca Títeres Babaluva

"O Xardín das Pernas Roubadas" de Tuerka Teatro

      O Xardín das Pernas Roubadas, espectáculo que se estreará no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña o próximo 31 de outubro de 2013, é o primeiro proxecto teatral da compañía de nova formación, Tuerka Teatro
     Para poder levar a cabo dito proxecto, os membros de Tuerka Teatro teñen organizado unha campaña de recadación de fondos baseada no sistema do micromecenazgo. A través de pequenas aportacións económicas de mecenas particulares, e a cambio dunha serie de recompensas, o obxetivo de dita campaña é o de obter os 6.000€ que lles permitan afrontar a primeira fase da produción do espectáculo.

MIT 2013: Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia


PROGRAMA da MOSTRA INTERNACIONAL de TEATRO de RIBADAVIA 2013

XOVES 18 de XULLO 2013
- 23:00 h Teatro do Vilar: "Baixarse ao moro" no Auditorio do Castelo. Apoio da MIT ao teatro afeccionado de Ribadavia. Off MIT.

VENRES 19 de XULLO 2013
- 20:00 h  Inauguración oficial da MIT 2012 no Salón de actos Concello de Ribadavia.
- 20:30 h  Pregón da 29ª edición a cargo de Antón Reixa, presidente de SGAE.
- 21:15 h  Inaguración da exposición sobre Roberto Vidal Bolaño na Igrexa da Madalena.
- 23:00 h Viaje inmóvil (Chile): "Otelo" no Auditorio do Castelo.

SÁBADO 20 de XULLO 2013
- 23:00 h Metaproducciones, Teatro Circo Murcia e Festival de Mérida (España): "Julio César" no Auditorio do Castelo.
01:00 h  Xarxa Teatre (Valencia): "Papers!" na Alameda (Ruadavia)

Centros de Formación Teatral en Galicia


ARTEFONÍA ESCOLA DE ACTORES
      · Enderezo: Rúa Horta de Abaixo Bloque 3, Local 8. Bertamirans-Ames (A Coruña)
      · Telf: 881 973 626 - 633 275 353
      · Mail: info@artefoniaescueladeteatro.com
      · Web: http://artefoniaescueladeteatro.com/

CASAHAMLET
      · Enderezo: Rúa Alfonso VII, 11 - Baixo, 15005 A Coruña
      · Telf: 981 278 460 - 627 489 879
      · Mail: casahamlet@hotmail.com
      · Web: http://blogdecasahamlet.blogspot.com.es/

ESCOLA DE FORMACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE NARÓN
      · Enderezo: Auditorio Municipal, Praza de Galicia, Narón (A Coruña)
      · Telf: 607184215
      · Mail: p.cultura@naron.es
      · Web: http://www.padroadodecultura.es/actores.php

Troco x Troco: circuíto de intercambio teatral Galicia-Portugal

     A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha "Troco x Troco": un circuíto de intercambio teatral entre Galicia e Portugal, cun total de 32 actuacións en 8 espazos.
  • Sarabela Teatro, Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego e Teatro do Noroeste-Centro Dramático Galego presentarán os seus novos espectáculos en Braga, Coimbra, Évora e Porto 
  • Pola súa banda, as compañías residentes nos teatros municipais destas catro cidades actuarán no Pazo da Cultura de Narón, no Salón Teatro de Santiago, no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui e no Teatro Principal de Ourense

30 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

     A 30 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas levarae a cabo dende o 28 de Xuño ao 7 de Xullo en diferentes espazos (Auditorio Municipal, Salasón, nas rúas de Cangas, etc). Podes consultar a programación na nosa AXENDA TEATRAL.

PROGRAMA 30 MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS

VENRES 28 de Xuño 2013                                                                                           
     · 22:30 h. - Auditorio Municipal - Pregón a cargo de Chévere
     · 22:45 h. - Auditorio Municipal - Pequenos actos pseudorrevolucionarios de Ibuprofeno
     · 00:30 h. - Palco das Naves de Ojea - A xira senlleira de Os da Ría

SÁBADO 29 de Xuño 2013                                                                                          
     · 22:30 h. - Auditorio Municipal - Criaturas de Teatro do Aquí (+ CDG e SGAE)

Falece o actor Xosé Manuel Olveira "Pico"

Dende o blog www.teatrogalego.com queremos mostrar o noso máis profundo pesar polo falecemento dun dos grandes da escena galega: Xosé Manuel Olveira "Pico".
Fixéchesnos rir, choramos contigo, enternecíchesnos, namorámonos de ti... canto nos deches, compañeiro! E agora... déixasnos? Non, nunca marcharás, sempre estarás con nós, en nós. Nos nosos platós, sobre as taboas dos nosos teatros, fronte as butacas dos nosos cines e, sobretodo, nos nosos corazóns e na memoria eterna dun país. Grazas amigo, ata sempre.
Publicado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (facebook) 

AGRADECEMENTOS: Asociación de Actores e Actrices de Galicia

Programa de Formación Teatral da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela

     A Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela vén de publicar o novo programa de formación teatral para o curso 2013/2014. Existirán 2 itinerarios de formación: interpretación e dirección que se subdividen, cada un deles, en tres módulos específicos. Ademáis, iniciarase un novo proxecto denominado Compañía en Residencia, a través do cal, segundo afirman, "forneceremos o noso labor pedagóxico ao tempo que colaboramos na produción do teatro profesional".
     A continuación exporase un breve esquema do programa de formación, máis si precisas dunha maior información podes acceder ao documento publicado no blog da Aula de Teatro da USC (en formato PDF) facendo click aquí.

Campaña de captación escolar para a coprodución "Touporroutou da lúa e do sol", de Roberto Vidal Bolaño

     O Centro Dramático Galego abre o prazo de reserva de localidades para aconcertación da asistencia de centros de ensino durante o mes de outubro no Salón Teatro de Santiago de Compostela ao espectáculo "Touporroutou da lúa e do sol", coprodución con Teatro do Noroeste sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Nesta ocasión, cóntase coa dirección escénica de Eduardo Alonso e a colaboracion da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) na procura da experiencia de combinar o traballo de actores e actrices recentemente egresados con outros de contrastada experiencia.
  • CALENDARIO: As funcións escolares serán de martes a venres, con dous pases cada día, ás 10.00 e ás 12.00 horas. Os días dispoñibles con esta programación son o 8, 9, 10, 11, 15, 16, 17 e 18 de Outubro de 2013.
  • IDADE RECOMENDADA: A partir de 6 anos.
  • RESERVAS: As reservas quedan rexistradas por rigorosa orde de solicitude chamando ao número de teléfono do CDG 981 581 111 (extensión 11)
  • PREZOS: O prezo con desconto para escolares e grupos organizados, previa reserva, é de 4,00 euros. Os mestres e acompañantes dos cativos accederán de balde.

Programación Teatral da "Sala Agustín Magán" de Santiago de Compostela - Xuño de 2013

Sala "Agustín Magán", de Santiago de Compostela
Centro Sociocultural de Santa Marta
Rúa Antonio Rama Seoane, nº 5

   REPRESENTACIÓNS TEATRAIS           
  • Sábado 1 de xuño ás 19:00 h: "Catalina, Lino, Lina", de Glup, Glup Teatro
  • Sábado 8 de xuño ás 19:00 h: “Anxeliños” de Roberto Vidal Bolaño, da compañía Arte Maior Teatro. *Público adulto.
  • Sábado 29 de xuño ás 19:00 h: "Adega", da Escola de teatro Vall-Innova. *Público adulto
   ACTIVIDADES DE FORMACIÓN para ADULTOS           
  • Monográfico de iniciación ao teatro: Unha pinga de Vidal Bolaño. Mércores 5, 12, 19 e 26 de xuño, de 19.45 a 21h. GRATUÍTO. Prazas:15. Anotarse a partir do 21 de maio no CSC de Santa Marta.

"C'est la vie", de Matriohska Teatro

    Matrioshka Teatro presenta no Salón Teatro de Santiago de Compostela o seu primeiro espectáculo: "C'est la vie". O elenco do espectáculo confórmano Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo. Así mesmo, Marta Pazos asina a dirección e a dramaturxia.
        Poderedes ver C'est la vie no Salón Teatro de Santiago de Compostela os días 20 e 21 de maio de 2013 ás 20:30 h. A entrada ten un prezo de 10 € (con descontos do 40% para titulares do carné xove, estudantes, desempregados, xubilados e profesionais das artes escénicas que acrediten a súa condición). Poderanse mercar na taquilla do propio teatro dende dúas horas antes do comezo do espectáculo. Consulta a AXENDA TEATRAL do blog para coñecer a programación teatral.

CDG: "Días sen gloria", de Roberto Vidal Bolaño


     Días sen gloria, premio Rafael Dieste en 1992 e finalista dos Premios Nacionais de Literatura, é, na brillante produción literaria de Roberto Vidal Bolaño, un dos seus textos máis audaces. O Centro Dramático Galego estrea o 5 de abril de 2013 (no Salón Teatro de Santiago de Compostela) este texto de Vidal Bolaño baixo a dirección de Fefa Noia. Consulta a AXENDA TEATRAL do blog para coñecer todas as funcións de Días sen gloria en Santiago de Compostela.

Gañadores Premios de Teatro María Casares 2013

  • MELLOR MAQUILLAXE:  Raquel Fidalgo por Viaxe a ningunha parte
  • MELLOR VESTIARIO: Suso Montero por Viaxe a ningunha parte e Uxía P. Vaello por Tokio 3
  • MELLOR ILUMINACIÓN: Baltasar Patiño por Tokio3
  • MELLOR MÚSICA ORIXINAL: José Díaz e Hugo Torres por Tokio3
  • MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Ánxeles Cuña Bóveda por Viaxe a ningunha parte
  • MELLOR TEXTO EN GALEGO: Santiago Cortegoso por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios...
  • MELLOR ESCENOGRAFÍA: Marta Pazos por Tokio3
  • MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA: Luisa Merelas por A Función do Tequila
  • MELLOR ACTOR SECUNDARIO: Víctor Mosqueira por Galicia Caníbal, O Musical
  • MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA: Marián Bañobre por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios...
  • MELLOR ACTOR PROTAGONISTA: Xosé Manuel Oliveira "Pico" por Kafka e a boneca Viaxeira
  • MELLOR DIRECCIÓN: Marta Pazos por Tokio3
  • MELLOR ESPECTÁCULO: Nuncabunga, de Elefante Elegante S.C.

Ratman e Bobyn na Gala dos María Casares

     Marcos Orsi e Xúlio Abonjo, da compañía BaCaNa, encárganse da dirección, do guión e da interpretación nunha gala “cómic-a”, é dicir cómica e inspirada no cómic, e que seguirá o lema dos heroes: “Cando a realidade é brutal, só nos pode salvar a ficción”. Suso Montero traballa na dirección artística baseada na sinxeleza, o traballo artesanal e no cartón de embalaxe como motivo estético para adecuarse aos “tempos difíciles que vivimos”.
     A gala, que comezará ás 20.00 horas, será retransmitida pola Televisión de Galicia e, este ano, terá presenza en directo no twitter a través do perfil na citada rede social que a Asociación de Actores e Actrices está a poñer en funcionamento para seguir ampliando a súa comunicación a través da rede. O perfil da AAAG en Twitter será @TuitsdaAAAG e, durante a gala, promoverase o hastag #oscasares.

Premio de Honra Marisa Soto 2013: Pilar Pereira

     Pilar Pereira recibirá o Premio de Honra Marisa Soto, galardón outorgado pola Asociaciónde Actores e Actrices de Galicia, o próximo 27 de marzo durante a cerimonia dos Premios María Casares. Con esta distinción, o gremio recoñece a longa traxectoria profesional dunha intérprete que, ao longo de sesenta anos, traballou sobre os escenarios de Galicia, España, Francia, Bélxica e América Latina.

A AGADIC abre os prazos de programación da Rede

     A Agadic abre os seguintes prazos de programación cara á configuración do calendario de espectáculos escénicos e musicais que exhibirán os seus tres circuítos de disitribución (Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas e Rede Galega de Música ao Vivo) entre os meses de abril e agosto de 2013
  • REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS: Período de programación do 1 ao 15 de marzo de 2013
  • REDE GALEGA DE SALAS: Período de programación do 1 ao 15 de marzo de 2013

O trámite realízase a través de galescena.info (pestana de programadores)

Nomeados aos Premios María Casares 2013

     O primeiro será agradecer á Asociación de Actores e Actrices de Galicia o convite a esta VI Festa dos Nomeados e a Alberto Ramos o seu excelente traballo na sección de prensa destes Premios de Teatro María Casares. Logo de asistir á VI Festa dos Nomeados aos Premios de Teatro María Casares no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames) déixovos o resultado final destas nominacións.

- MELLOR MAQUILLAXE:
    · Fani Bello por Tokio 3, de Voadora
    · Raquel Fidalgo por Viaxe a ningunha parte de Sarabela Teatro
    · Trini Fernández por Galicia Caníbal. O Musical de Filmanova Invest S.A.

Novas funcións de "Snakizados", de Ancora Produccións

     Ancora Produccións ofrecerá tres funcións autoxestionadas no Centro Cultural Ágora de A Coruña (rúa Ágora s/n- zona Agra do Orzán). "Snakizados" é unha comedia escrita e interprétada por Gustavo Pernas Cora, (Premio Alvaro Cunqueiro 2012 con Isobaras, vén de acadar o Premio Maruxa Villanueva de Interpretación) e dirixida por Anxela G. Abalo. Olaia Sendón é a creadora videográfica, a banda sonora asínaa DJ Michal Kamac e a iluminación Miguel Soto.

Festa dos Nomeados dos XVII Premios de Teatro María Casares

     A Asociación de Actores e Actrices de Galicia fará pública a lista dos finalistas dos XVII Premios María Casares de Teatro este mércores na súa xa tradicional Festa dos Nomeados. O acto, que será conducido pola actriz Isabel Risco, quen traerá á festa o seu personaxe Nabiza Girl, celebrarase ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Os asistentes poderán degustar os petiscos que ofrecerá Casa Alongos de Melide (www.casaalongos.com) e os viños de Altares de Postmarcos, do Barbanza, e de Toalde.

Crítica teatral: "Waltz", de Voadora

  • Dirección e escenografía: Marta Pazos
  • Elenco: José Díaz, Marta Pazos e Hugo Torres
  • Música orixinal: Jose Díaz e Hugo Torres
  • Axudante de dirección e coreografías: Uxía P. Vaello
  • Xastra: Cloti Vaello
  • Vestiario: Uxía P. Vaello. Colaboran: Amai Rodríguez, César Lombera e Toca Fedella Toca

A Plataforma de Artes Escénicas toma o Salón Teatro

     Trala función programada no Salón Teatro no día de onde (sábado 2 de febreiro de 2013) a Plataforma de Artes Escénicas tomou a sede do Centro Dramático Galego durante 3 horas. Os profesionais das artes escénicas debatiron sobre a situación actual, atendendo especialmente á actitude que está a ter a Consellería de Cultura e Educación.
Non teñen un plan, carecen de estratexia e non hai diálogo.  Salvador del Río 
En Sermos Galiza podedes acceder a máis información [fai click aquí]

AGRADECEMENTOS: Sermos Galiza
FOTOGRAFÍA: Sermos Galiza
A Plataforma de Artes Escénicas no Salón Teatro de Compostela
www.teatrogalego.com

Vidal Bolaño Recuperado: citas audiovisuais no Salón Teatro

     A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza no Salón Teatro de Santiago o ciclo "Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais", co que o vindeiro 6 de febreiro dará comezo a programación especial que o Centro Dramático Galego dedica ao autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas.
     Os profesores Inma López Silva e Xosé Manuel Fernández Castro serán os encargados de comentar e analizar os espectáculos a partir das gravacións cedidas pola familia do dramaturgo, o CDG e o Centro de Documentación Teatral do INAEM (Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música).

     DATOS DE INTERESE        
  • LUGAR: Salón Teatro de Santiago de Compostela
  • DATAS:  6, 7, 13 ,14 , 20 e 21 de Febreiro de 2013 / 6, 7, 13, 14, 20 e 21 de Novembro de 2013
  • HORA: 19:00 h
  • PREZO: Entrada gratuita ata completar aforo

Novo espazo cultural en Compostela: a Sala "Agustín Magán"


    A Sala Agustín Magán, anexa ao novo centro sociocultural de Santa Marta (en Compostela) debe o seu nome ao fundador da compañía DITEA, a máis lonxeva de Galicia e unha das máis lonxevas de España, e xerme do teatro galego contemporáneo. Pretende ser un novo espazo de exhibición de artes escénicas especialmente pensado para a creación de novos públicos, a difusión do teatro galego, (con especial énfase nas propostas de teatro amador) e a pedagoxía teatral.
        Un espazo de titularidade municipal que comezará a ter programación no segundo trimestre de 2013 e que pretende manter unha programación estable de teatro, danza, cine e audiovisual, manifestacións horais, cursos e talleres, ademais de poder ofertarse como espazo de ensaio e creación artística. Conta con 151 butacas e un espazo escénico de 11 metros de boca por 7 metros de fondo e 9 metros de altura. A zona de público conta cun sistema de grada retráctil que permite convertir o espazo nunha gran sala diáfana na que poder ofertar accións co público de pé, como concertos, funcións de teatro non á italiana, etc.

Presentación da Asociación Cultural Roberto Vidal Bolaño

     Preséntase en Santiago de Compostela a Asociación Cultural Roberto Vidal Bolaño, que naceu a finais de 2012, co obxectivo de promover a figura e a obra do autor, dez anos despois da súa desaparición. O acto será o día 5 de febreiro ás 20.00 h. no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
     O colectivo inicia así, de xeito simbólico, o seu traballo no ano de Roberto Vidal Bolaño e abre as súas portas a todas as persoas que desexen formar parte da asociación. Está integrado por Belén Quintáns, Roi Vidal, Rubén Ruibal, Antón Dobao, Francisco Macías, Xosé Manuel Fernández Castro e Camilo Franco

+ INFO:  http://robertovidalbolano.org

Premios Max 2013: Mellor Autoría Teatral en Galego

Os candidatos ao Premio Max na categoría de mellor autor teatral en galego son:
  • Andrea Bayer Lloves por "Fíos"
  • Eduardo Alonso por "Piratas"
  • Eduardo Alonso por "Último Cowboy"
  • Jorge Rey por "Alicia no país das marabillas"

"Gaivotas Subterráneas", é o novo espectáculo de Talía Teatro, RTA e Voz Audiovisual

          "Gaivotas Subterráneas", dirixida por Artur Trillo, é o novo espectáculo de Talía Teatro, RTA (Recursos Técnicos Artísticos) e Voz Audiovisual que se estrea hoxe, día 24 de xaneiro, no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña ás 21:00 h. Permanecerá no Teatro Rosalía de Castro ata o día 26 de xaneiro e, seguidamente, tomarán asento no Teatro Principal de Santiago de Compostela os días 29 e 30 de xaneiro. Accede á  AXENDA TEATRAL do blog para consultar os horarios das funcións de "Gaivotas Subterráneas".

Teatro do Noroeste estrea "Linda and Freddy, ilusionistas"

     Teatro do Noroeste estrea o xoves 10 de xaneiro no Salón Teatro o seu novo espectáculo: "Linda and Freddy, ilusionistas", unha comedia post-crise que aposta por unha saída con imaxinación. Permanecerá no Salón Teatro de Santiago de Compostela ata o domingo 13 de xaneiro.
      As funcións programadas no Salón Teatro terán lugar o xoves 10 de xaneiro (estrea) ás 21.00 h, o venres 11 e sábado 12 ás 20.30 h. e o domingo 13 ás 18:00 h. As entradas estarán á venta unicamente na billeteira do Salón Teatro, aberta dende 2 horas antes do comezo do espectáculo.

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.

Blog Archive