Roberto Vidal Bolaño, Letras Galegas 2013

     
     O esforzo e o traballo sempre leva a bo camiño. Ao fin, Roberto Vidal Bolaño será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2013. Roberto Vidal Bolaño foi elixido por maioría entre os membros da Real Academia Galega como figura a homenaxear no Día das Letras Galegas 2013.


roberto-bolaño-teatro-galego-letras-galegas-2013
Audio do anuncio do nomeamento de R. Vidal Bolaño [click aquí]

     Xosé Luis Méndez Ferrín, como presidente da Real Academia Galega, destacou "a forza e potencia creativa" de Vidal Bolaño. O académico Euloxio Ruibal engadiu que Vidal Bolaño é un autor "imprescindible" do século XX, e concluía..."foi un home que dende a esquerda defendeu uns valores que temos que ter moi presentes, porque as obras de todo tipo teñen que servir para a dignidade”. 

ImaxinamosNós, o primeiro espectáculo da cía "Las Civas"


     A compañía de teatro "Las Civas" é unha compañía de nova creación que naceu ao abeiro da Universidade de Santiago de Compostela. A iniciativa xurdiu a partir dun curso de interpretación da Aula de Teatro da USC impartido polo actor e director Roberto Leal. "Las Civas" comezou a traballar no proxecto "ImaxinamosNós" aló polo mes de febreiro deste mesmo ano. Integrada na súa totalidade por mulleres, tomaron a decisión de optar pola "creación colectiva" porque, según afirman "apetecíanos facer algo totalmente noso, íntimo e que chegara ao público. Por este motivo eliximos a Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño para a estrea do espectáculo porque é a que mellor se adapta, sen lugar a dúbidas, ás características do espectáculo". "Las Civas" estreará o martes 19 o seu primeiro espectáculo ás 20.30 h na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño. O xoves 21 volven á Sala Roberto Vidal Bolaño para facer dous pases, un ás 12:30 h e outro ás 20:30 h. A Entrada será gratuita.

Curso de Teatro para nenos de Santiago de Compostela

          
          O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha o seu programa "Vive o Verán 2012" que se  desenvolverá durante os meses de verán en centros socioculturais e noutros espazos da cidade.  A iniciativa, que comprende un total de 15 actividades, aposta pola conciliación familiar e laboral e por levar tamén a diversión aos centros do rural. Dentro do programa "Vive o Verán" atopamos as "Mañás de pequenos artistas", un curso de teatro para nenos que se realizará no CSC das Fontiñas entre os días 2 e 31 de Xullo de 2012.

Roberto Vidal Bolaño para o Día das Letras Galegas 2013

O 23 de Xuño de 2012, R. Vidal Bolaño foi elixido para as Letras Galegas 2013 [click aquí]

     Dende este blog queremos apoiar a iniciativa: a de adicarlle a Roberto Vidal Bolaño o Día das Letras Galegas. Estase a levar a cabo un movemento para a recollida de sinaturas, asique deixamos aquí o texto que acompaña a proposta. Ao final do artigo poderás acceder ao forumulario de recollida de sinaturas.

28 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia


      Entre o 21 e o 28 de xullo terá lugar a 28ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O espectáculo de inauguración será “A puerta cerrada”, posta en escena do texto de Jean Paul Sartre a cargo dunha coprodución de artistas das prestixiosas compañías Timbre 4 (Arxentina) e Théâtre du Soleil (Francia). Será unha estrea absoluta en España.

     O festival quere seguir apostando pola calidade, a internacionalización e a innovación. Espectáculos difíciles de atopar na programación da carteleira galega, diversos, que intentan chegar a todos os gustos e a todos os públicos, ese é o obxectivo dun festival, en opinión do seu director, Roberto Pascual: “Unha obriga dun director é estar atento ás novidades, aos estilos e tendencias escénicas e ofrecer aos cidadáns cultura activa e dinámica, que nos amose dende distintas poéticas  a perversidade e a bondade do ser humano, cómica, dramática ou ironicamente.” Nese sentido, a selección de espectáculos desta 28ª MIT seguirá nesta liña, atendendo ao público infantil, complementando os espectáculos para adultos do castelo con sorprendentes artes de rúa, recoñecidas compañías e cualidades de grupos emerxentes.

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.