XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia da USC

A Mostra de Teatro Universitario de Galicia comezou o pasado 8 de maio coa representación, na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño de "Memoria de Helena e María" pola compañía Artías Teatro. Os días 9, 10 e 11, na mesma sala de teatro a compañía de recente creación TIKTAK presentou o seu espectáculo "Tike Tak, unha historia de amor reloxil". A Aula de Teatro da USC-campus de Lugo e a Aula de Teatro Universitaria de Ourense (Grupo maricastaña) representaron as súas pezas no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
A Mostra trasládase agora ao Salón Teatro no que se poderán ver 10 espectáculos ata o día 30 de Xullo. Pecha a Mostra a Aula de Teatro da USC-campus de Compostela coa súa "Comedia famosa do Cabaleiro de Olmedo" na Sala Roberto Vidal Bolaño. A entrada é de balde para todos os espectáculo da Mostra (previo paso pola taquilla). A taquilla do Salón Teatro abrirá ás 19:30 h e a da Sala Roberto Vidal Bolaño ás 20:30 h. Só se entregarán 2 entradas por persoa.
O venres 1 de xuño ás 20,00 horas farase entrega dos premiosde teatro da XIII Mostra ás mellores montaxes, direccións de escena, actrices eactores, espazos escénicos e vestiarios, no Salón Nobre da Universidade. Este ano o xurado está composto por Roberto Leal, Ernesto Chao, Nuria Sanz e Marcos Correa.

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.