"Teatro Galego.com" elixido Blog da Semana polo blog "Tece Poemas" de blogaliza

O blog "Tece Poeamas", elixiu a Teatro Galego.com como o blog da semana.
Graciñas por todo "Trece Poemas". Velaí as palabras que nos adican...
Carla Capeáns e o teatro galego teñen moito en común pois o seu nome leva tempo xa afiliado a Galiza e militando na dificil tarefa de ser interprete teatral e difusora do mundo do teatro. Trece poemas elixe esta semana o blog «teatro galego» como blog da semana, favorito por méritos propios, e convidámosvos a todos a que olledes este portal. E se desexades saber máis sobre o xenio e figura desta ciber-comprometida activista galega, Carla Capeáns, non dubidedes en pasar a ver o seu curriculum.  Aqui queda esta pequena e humilde homenaxe ao teatro en Gz e, desta volta, a representante que escollemos dende trece poemas como bandeira do noso teatro Gz…. é Carla….. polo que segue na túa loita e mantén o rumbo para poder brilar no ceo dos grandes escenarios teatrais porque nós seguirémoste dende tramolla, entre bambalinas ou sentados no anfiteatro como un membro máis do público que te nutre con aplausos apoiando sempre ós nosos e o noso. Parabéns pola túa laboura pasada, presente e agardamos….. futura.


Agradecementos: Trece Poemas [http://trecepoemas.blogaliza.org/]

Crítica teatral de "Hamlet" de A Internacional Teatro na Revista Dixital "Letra en Obras"

critica-teatral-teatro-hamlet-internacional-teatro
   
A última crítica publicada na revista dixital Letra en Obras sobre o "Hamlet" de A Internacional Teatro.

Hamlet, de A Internacional Teatro [click aquí]
A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare
· Dirección: Jorge Rey
· Axudante de dirección: Josito Porto
· Traducción: Alfredo Conde
· Elenco: Alfredo Padilla

     O “Hamlet” de A Internacional Teatro é un traballo no que prima a investigación teatral sobre a propia historia e sobre a propia concepción da mesma. Con esta investigación tanto o actor como o espectador navega entre posibilidades teatrais infinitas co límite único do texto. Non estamos pois ante unha posta escénica “final” ou “pechada”.  O actor, no marco da representación, está permanentemente aberto a novas intencións, a novas sensacións.  Aquelo que vai atopando incorpórao ao conxunto ou desbótao, según conveña. O esencial desta peza é iso, a viveza, a sensación de estar ante algo libre. Supoño que para un actor traballar deste xeito, por unha banda implica un sobreesforzo en cada representación pero ao mesmo tempo achega unha liberdade de experimentación e descubrimento que non sería posible noutro tipo de espectáculo. Dende a dirección óptase por unha desestruturación da historia, comezando o espectáculo no momento concreto no que Hamlet lle pide a Horatio, o seu amigo, que relate a súa historia. Enmarca a historia nun espazo polivalente, simple e eficaz. A propia concepción da peza fai que o espectador acade un papel importante no espectáculo. O espectador observa dende a súa posición o espectáculo máis pola proximidade e as referencias visuais do actor, semella formar parte da propia historia. Ler Máis

Enlace á crítica: http://www.letraenobras.com/2012/04/hamlet/
Agradecementos: Letra en Obras
Crítica teatral Hamlet
teatrogalego.com

© Carla Capeáns Pardo, 2012

Gañadores Premios de Teatro María Casares 2012


  • MELLOR MAQUILLAXE: Trini Fernández Silva por A ópera dos tres reás
  • MELLOR VESTIARIO: Carlos Alonso por A ópera dos tres reás
  • MELLOR ILUMINACIÓN: Octavio Mas por Oeste Solitario
  • MELLOR ESCENOGRAFÍA: Paco Conesa por Piratas
  • MELLOR MÚSICA ORIXINAL: Xacobe M. Antelo por Citizen Total
  • MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Avelino González por Oeste Solitario
  • MELLOR TEXTO ORIXINAL: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Sechu Sende por Pelos na lingua
  • MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA: Mónica García por Citizen Total
  • MELLOR ACTOR SECUNDARIO: Vicente de Souza por Tango
  • MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA: Patricia de Lorenzo por Citizen Total
  • MELLOR ACTOR PROTAGONISTA: Evaristo Calvo por Oeste Solitario
  • MELLOR DIRECCIÓN: Xesús Ron por Citizen Total
  • MELLOR ESPECTÁCULO: Citizen Total, de Grupo Chévere

Mañá, Gala dos Premios de Teatro María Casares 2012



Gañadores Premios María Casares 2012 [click aquí]

     Mañá martes, o Teatro Rosalía de Castro da Coruña será o marco para a XVI edición dos Premios María Casares de Teatro que organiza, dende 1997, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Os convidados chegarán ao recinto dende as 20:30 horas para unha cita que é unha homenaxe ao mundo da escena e reunirá, unha vez máis, a profesionais e numerosos amigos. A TVG ofrecerá o evento tralo capítulo da serie “Matalobos” ás 23.45 h.

     Durante a cita, D. Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega lerá o Manifesto Galego do Día Internacional do Teatro, redactado polo propio escritor. Os trofeos consisten nunha xerra coa efixie da actriz María Casares que xa é toda unha icona. 

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.