Notas sobre Teoría Teatral: Meyerhold e a Biomecánica



     Vsévolod Emílievich Meyerhold (Penza, 28 de enero de 1874 - 1940) foi un director teatral, actor e teórico ruso.

     Constantemente Meyerhold preguntábase sobre a “teatralidade” do teatro. Para Stanislavski a “teatralidade” convertíase nun concepto negativo pois tiña como obxectivo converter a acción escénica nun fragmento da realidade. Sen embargo, Meyerhold procuraba un sistema que puidese servir para todos os estilos incluíndo tamén o chamado “naturalismo”. O actor que fose capaz de enfrontar as tarefas que lles propoñería Meyerhold (a habilidade para interpretar farsa e traxedia, melodrama, pantomima ou escenas de circo, etc) precisaba dunha rigorosa e permanente formación. Segundo Meyerhold, o actor debe ser quen de moverse e pensar. O actor non deberá identificarse co personaxe senón que, pola contra, o cerebro do actor ten que decidir sobre a formulación física do momento. Igor Ilyinski, actor formado con Meyerhold, sinalaba que “se a forma física é correcta, en tanto fundamentación do personaxe, as entoacións e as emocións tamén o son, pois están determinadas pola posición do corpo”. Deste xeito a formación centrábase no estudo do corpo no espacio ou no movemento escénico.

Obras Públicas e a Gala dos María Casares 2012

     A gala dos María Casares 2012, maxinada pola compañía Obras Públicas será, de seguro, “sorprendente, divertida e moi áxil”, segundo avanzou Jose Luis Prieto. 

     · Sobre as ruínas do gran teatro de Galicia:  A escenografía, atrezzo e vestiario utilizáronse previamente noutros espectáculos e espazos escénicos, dando lugar a unha posta en escena "ruinosa".  Unha estética de teatro abandonado pero imaxinativa é a aposta plástica na que se enmarcará a gala.

     Apunta Suso Montero, director artístico da cita, que “haberá moitas sorpresas pero podemos adiantar que quitarémoslles o po a telóns antigos, do Teatro Jofre de Ferrol ou do Centro Dramático Galego, algúns levan enrolados 10, 15 ou 20 anos; e amosaremos as entrañas dos teatros, o que normalmente non se ve”.

A Sala Nasa, Premio de Honra Marisa Soto 2012

 
          A Sala Nasa é o novo Premio de Honra Marisa Soto, galardón outorgado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).  A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia decidiu conceder o galardón á Sala Nasa por: “Ser unha sala alternativa independente de referencia en Galicia e no estado español; converterse nunha Sala de exhibición imprescindible na vida teatral e cultural de Santiago de Compostela; provocar unha xeración de profesionais da escena que se criaron e medraron a carón da Sala, converténdoa nunha auténtica `escola de rúa’; e por ser un proxecto diferenciado e innovador, sempre á procura dunha linguaxe propia e dunha particular maneira de achegar as artes escénicas á cidadanía”. Vinculada dende os seus inicios ao Chévere, a Nasa tivo as súas portas abertas no barrio compostelán de San Lourenzo dende 1992 ata o verán do 2011.

Crítica teatral de "Citizen Total" do Grupo Chévere na revista dixital "Letra en Obras"


   
   Nestes intres, como xa vos teño comentado en algunha ocasión estou a colaborar coa revista dixital Leta en Obras, un proxecto para a difusión da cultura e da literatura galega en xeral. Escribo, cada mes, un comentario crítico sobre algunha peza teatral. Desta vez sobre Citizen Total, do grupo Chévere.

Citizen Total, do Grupo Chévere [click aquí]
· Autoría: Manuel Cortés
· Dirección: Xesús Ron
· Elenco: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mñonica García, Arantza Villar, Nekane Fernández, Iván Marcos

   Cítizen Total é unha triloxía sobre o imperio téxtil de A.O. feita en tres episodios que se estrearon ao longo do 2010 e 2011 na Sala Nasa de Santiago de Compostela. Está nomeada aos XVI Premios María Casares 2012 nas categorías de mellor espectáculo, mellor actriz secundaria, mellor actriz protagonista, mellor dirección, mellor texto orixinal,  mellor iluminación, mellor música orixinal e mellor escenografía. Con este espectáculo, o Grupo Chévere acadou o Premio da Crítica Galicia 2011 ademáis de ser o espectáculo con máis votos na Rede de Teatros Alternativos. Citizen 1 desenvólvese no ano 1975 e ten como marco principal a morte de Franco. Nesta fase do espectáculo combínase o texto e a palabra con cámaras de vídeo que gravan en directo o que está a acontercer e que mostran realidades opostas ou contradictorias. Abórdanse entrevistas entre os dous personaxes do episodio dende puntos ópticos distintos. Os actores sitúanse no encenario nunha posición corporal contraposta mais coa axuda das cámaras o público pode contemplar a escena dende outro punto de vista. É interesante dende o punto de vista técnico pois axuda a manter un ritmo correcto da peza e mantén a atención do público sempre e cando non se exceda a acción no tempo. Ler Máis 
Enlace á Crítica: http://www.letraenobras.com/2012/03/citizen-total-do-grupo-chevere/
Agradecementos: Letra en Obras
Crítica teatral Citizen
teatrogalego.com

© Carla Capeáns Pardo, 2012

VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

   
     De entre as 52 obras presentadas, as finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico son:
  • Poema sinestésico para tres voces e un can
  • Ironías
  • Quendas
  • Intercom-baby
      As pezas finalistas serán interpretadas por actores e actrices baixo a dirección de Evaristo Calvo e coa colaboración do Centro Dramático Galego. Emitiranse na Radio Galega durante o mes de marzo. O VI Premio de Teatro Diario Cultural de Teatro Radiofónico ten unha dotación de 6.000 € (3.000 € para cada un dos galardóns que se outorgan: o premio do xurado e o premio do público.

Nominados XVI Premios de Teatro María Casares 2012


   "A ópera dos tres reás", xunto con "Citizen Total" obtiveron un total de oito nominacións cada unha. Séguelle o "Oeste solitario" de Producións Teatrais Excéntricas con 6 nominacións e "E.R. (Algún día traballaremos xuntas)", de Teatro do Atlántico con 4 nominacións.


      Logo de asistir á V Festa dos Nomeados aos Premios de Teatro María Casares no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames) déixovos o resultado final destas nominacións.

Gañadores Premios de Teatro María Casares 2012 [click aquí]

- MAQUILLAXE:
    · Raquel Fidalgo por "Tango", de Sarabela Teatro
    · Fani Mosqueira por "American Café", de Teatro do Morcego
    · Trini Fernández por "A ópera dos tres reás", do Centro Dramático Galego

- VESTIARIO:
    · Ruth Pereira por "Tango", de Sarabela Teatro
    · Carlos Alonso por "A ópera dos tres reás", do Centro Dramático Galego
    · Paco Conesa por "Piratas", de Teatro do Noroeste

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.