Sarabela Teatro: A viaxe a ningunha parte


     Sarabela Teatro estrea hoxe no Auditorio Municipal de Ourense ás 21:00 h. a súa nova producción "A viaxe a ningunha parte" de Fernando Fernán Gómez e con dramaturxia e dirección de Ánxeles Cuña Bóveda.

       PRÓXIMAS FUNCIÓNS                   
· Venres 21 de Setembro ás 21:00 h. no Auditorio Municipal de Ourense
· Sábado 22 de Setembro ás 20:30 h. no Auditorio Municipal de Ourense
· Domingo 23 de Setembro ás 20:30 h. no Auditorio Municipal de Ourense
· Martes 25 de Setembro ás 10:00 h. e 12:00 h. no Auditorio Municipal de Ourense
· Mércores 26 de Setembro ás 10:00 h. e 12:00 h. no Auditorio Municipal de Ourense
· Xoves 27 de Setembro ás 20:30 h. no Auditorio Municipal de Ourense
· Venres 28 de Setembro ás 20.30 h. no Auditorio Municipal de Ourense
· Sábado 29 de Setembro ás 20:30 h. no Auditorio Municipal de Ourense

      FICHA ARTÍSTICA                             
· Fernando Dacosta como Carlos Galván e Ceferino
· Jorge Casas como Carlos
· Lino braxe como Arturo Galván
· Nate Borrajo como Rosa
· Fina Calleja como Xoana
· Sabela Gago como Xulia
· Elena Seijo como Sara Maldonado
· Josito Porto como Pregoeiro, Solís, Director de cine, Zacarías Carpintero

      FICHA TÉCNICA                                 
· Dramaturxia: Anxeles Cuña Bóveda
(Baseada na novela homónima de Fernando Fernán Gómez)
· Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
· Axudante de dirección: Tito Asorey
· Deseño de espazo escénico e vestiario: Suso Montero
· Realización vestiario: Mª Villas Seoane
· Deseño de iluminación: Pedro Fresneda
· Deseño de maquillaxe e perruquería: Raquel Fidalgo
· Cartaz e programas: Mighelo
· Fotos: Mario G. Herradón
· Técnico de son: Rubén Dobaño
· Técnico de luz: José Manuel Bayón
· Espazo sonoro: Renata Codda Fons
· Video: Alba V. Carpentier


     "Sarabela recrea nesta viaxe o universo da imaxinación e  da memoria; dos binomios fantásticos melancolía/ledicia de vivir, e poesía/humor.  Para minguar a desesperanza con esta historia dun grupo de homes e mulleres que non sempre lembran con precisión cal é o seu parentesco, entre os que nacen e morren... Hai amores, hai separacións dolorosas e encontros felices, o traballo entrelázase co amor, os problemas económicos cos familiares, e a fame co triunfo soñado. A obra preséntase como unha celebración da nostalxia, porque a través das memorias do seu protagonista lémbranse as desventuras dun grupo de actores cómicos da posguerra española, que percorrían as aldeas e vilas de Castela para desencadear as gargalladas dos veciños que entre grolo e grolo, afogaban as súas mágoas, mentres asistían ás divertidas representacións deses actores errantes, que malvivían en modestas pensións, e dificilmente podían comer unha codia de pan cada día. Trátase de dar vida teatral á VIAXE A NINGUNHA PARTE. Inclasificable e marabillosa obra; unha das máis conmovedoras , auténticas e interesantes historias dos últimos tempos. E están os tempos.. porque esta odisea encerra un gran valor social, antropolóxico e histórico. Son múltiples as referencias  á agonía do teatro, ao relevo xeracional, á necesidade de abandonar unha forma de vida obsoleta, emancipándose nunha fuxida cara adiante. Xogo caleidoscópico, emocionante, veraz e sensible para gozar co alento das palabras e coa fascinación das imaxes."

Agradecementos: Sarabela Teatro
Funcións Sarabela teatro "Viaxe a ningunha parte"
www.teatrogalego.com

0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.