Massimo Malucelli: "Da Commedia dell'Arte á Comicidade Contemporánea" (en Vigo)

     O director italiano Massimo Malucelli volve unha vez máis a Galicia para impartir, desta vez, o curso "Da Commedia dell'Arte á Comicidade Contemporánea" organizado pola Fonè Scuola di Teatro. O curso terá lugar en Vigo (Teatro “Atrezo” Rúa Joaquín Lóriga, 24. Vigo).

+ INFO en: Scuola Teatro Fone



      INFORMACIÓN                
1) Duración: de Outubro de 2012 a Xuño de 2013. Cada último mércores e  venres do mes
2) Inicio:  Lección introdutoria  de proba: Xoves  25 de Outubro ás 20:00 h
3) Horario: Mércores e Venres 20 – 23 (na última semana de cada mes)
4) Sede: Sala teatro “Atrezo”, rúa Juan Lóriga, 24. Vigo
5) Estrutura do curso
      · Introdución ao traballo da improvisación. Tipoloxía da improvisación
      · O canovaccio e a organización do material textual
      · Lazzi (gags)
      · Relacións co espazo e co público
      · Achegamento ao mundo da Commedia dell'Arte
      · Técnica e teoría da máscara e do personaxe
      · Estudo de todos os personaxes históricos e arquetipos e improvisación cos personaxes
                       - Os namorados
                       - O Doutor
                       - Pantalone
                       - O Capitán
                       - Zanni - Arlecchino
      · Escenas sobre o canovaccio
      · Relacións entre a comicidade contemporánea e os personaxes contemporáneos inspirados nos arquetipos da Commedia.
      · Creación e posta en escena dos personaxes contemporáneos inspirados nos arquetipos da Commedia.

      MASSIMO MALUCELLI          
massimo-malucelli-commedia-dell'arte-vigo-teatro     Massimo Malucelli formouse na Universidade de Bolonia onde se graduou cum campa en Filosofía cunha tese sobre a análise dunha trama da Commedia dell'Arte. Estudou con grandes mestres internacionais como Sandra Seacat, Francesca de Sapio, Guiseppe Perruccio, Julie Garfield (no Actors' Studio de Nova York) (interpretación), Richard Haisma (teatro corporal), Michalkov Nichita (improvisación), no Roy Hart Theatre (técnicas vocais), Yves Lebreton (mimo) ou Antonio Fava (commedia dell'arte). É autor de máis de 50 obras de teatro -entre textos orixinais e adaptacións- e participou como actor noutras tantas montaxes. Como director, ademais de textos propios, puxo en escena obras de teatro de Chéjov, Pirandello, Shakespeare, Petrolini ou Esopo, entre outras moitas, así como a ópera Rita de Donizetti. É, tamén, o director artístico de "Teatro máis alá da néboa", un circuíto de teatro recoñecido na Rexión Emilia Romagna, e profesor adxunto na Universidade de Ferrara onde imparte a cátedra "Escena electrónica e teatro dixital".


Agradecementos: Massimo Malucelli, Fonè Scuola di Teatro
Massimo Malucelli en Vigo
teatrogalego.com

0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.