O 7º Premio Abrente de Textos Teatrais queda deserto


     O xurado, do 7º Premio Abrente de textos tetarais, presidido polo Alcalde de Ribadavia e composto polo Concelleiro de Cultura, o Director da MIT e os especialistas Vanesa Sotelo, dramaturga e directora premiada co Abrente de 2011, Manuel F. Vieites, Director da ESAD de Galicia e Sonia Rúa, actriz, reunidos o día 20 de xullo de 2012 acordaron o seguinte:

O xurado destaca a variedade, a riqueza temática das obras presentadas ao concurso de textos tetarais Abrente, en especial as presentadas baixo o lema “Bielmeier” e o lema “MAD” e o potencial cinematográfico do texto presentado co lema “Flanagan”. Decídese, aínda así, non conceder o premio ao non haber un texto que, na opinión do xurado, conte coa dimensión dramática suficiente a nivel formal e de contados e non logre seducir unánimemente ao xurado para obter este recoñecemento.
    

     Haberá un acto dentro das actividades paralelas, ás 21h no Salón de actos do Concello, con Serge Nicolai, director de Théâtre du Soleil, cunha proxección sobre o traballo da compañía e un encontro-charla cos membros da compañía.

     A inauguración foi un un luxo grazas ao pregón de Quico Cadaval, que puxo en valor as bondades da MIT e do Ribeiro, a programación, que destacou excepcional e fixo un acto divertido, dinámico e moi intelixente. Tamén unha oportunidade excepcional para ver unha das máis prestigiosas compañías de Europa, Théâtre du Soleil, cunha coprodución doutra arxentina que comezou a facer teatro nun momento de crise, no corralito arxentino, con enxeño, compromiso, paixón e rigor na arte


* Cancélase o acto previsto para o domingo día 22 ás 12:30
Agradecementos: Teresa Rivela, Sección de prensa da MIT 2012
Premio Abrente MIT Ribadavia
teatrogalego.com
© Carla Capeáns Pardo, 2012


0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.