As Crónicas de Sochantre, da compañía Les Anachroniques (Francia) na MIT de Ribadavia


     
     É unha adaptación de Matthieu Pouget (director da compañía) da novela homónima do galego Álvaro Cunqueiro, co que fragmentos en galego se unirán ao bilingüismo habitual das propostas escénicas da compañía (castelán e lingua de signos). "As Crónicas de Sochantre" estará na MIT de Ribadavia 2012 o venres 27 de Xullo ás 23:00 no Auditorio do Castelo [programación da 28ªMIT Ribadavia]. Dende este blog queremos agradecer a amabilidade e a xenerosidade da compañía e moi especialmente a Matthieu Pouget por concedernos unha pequena entrevista. Entrevista [click aquí]

     A peza narra a esperpéntica viaxe en carromato dun sochantre e unha cuadrilla de esqueletos rumbo aos exequias do señor de Quelven. Ao longo do seu camiño pola Bretaña mítica imaxinada por Cunqueiro, pararán para comer, para ir de voda, mesmo para facer a guerra, dependendo dos caprichos da súa imaxinación e cada un contará e entrelazará o seu miserable historia coa música e as lendas céltico de Bretaña e Galicia.
     Na peza móstrase claramente a particular estética da compañía, próxima sempre ao barroco e ao realismo máxico, e o seu tratamento da música, presente en todas as etapas do proceso de creación, e interpretada en directo por Jodël Grasset-Saruwatari.

“¡Ho Blanc, Ho, Colin, Zus, La Garde! ¡ Imos cara o cemiterio de Kernascléden!” Resoplan e relinchan os tres cabalos. A carroza desbaratada cargada de maletas está resgardando misteriosos pasaxeiros. A Carroza consegue porse en marcha e lánzase, polos camiños dunha Bretaña imaxinaria, inventada por Álvaro Cunqueiro. Nestas terras, mil e unha historias, cen veces repetidas, que reúnen lendas célticas dos reinos de Bretaña e Galiza e traxedias universais. Pero, ¿Que ocorrerá á noitiña? ¿Que ocorrerá cando durma o sochantre?

SOBRE A COMPAÑÍA "LES ANACHRONIQUES"

     Foi fundada en Toulouse no ano 1988, no seo do Departamento de Filoloxía Hispánica da Universidade Toulouse II-Le Mirail. Dende entón, e xa como profesionais, levaron a escena anualmente textos de autores españois contemporáneos, en castelán e lingua de signos (pois unha das súas actrices é xorda), e sobretitulados ao francés para o público galo. Ademais a Cía fomenta traballos de edición e tradución de textos de teatro contemporáneo (Nouvelles Scènes Hispaniques), talleres de aprendizaxe do español a través da práctica teatral, e colabora en investigacións do grupo LLA-CREATIS da Universidade de Toulouse sobre teatro español contemporáneo.


DATOS TÉCNICOS de "As Crónicas de Sochantre", de Les Anachroniques

   · Dirección: Matthieu Pouget
   · Autoría: Álvaro Cunqueiro. 
   · Adaptación-dramaturxia: Matthieu Pouget
   · Intérpretes: Laura Barrado, Hegoa Garay, Ana Martinez Cobo, Leonor Harispe, Euriell Gobbé Mevellec, Delphine Saint Raymond, Jodel Grasset Sarawatari.
   · Espazo escénico: Jean Paul De Sa
   · Iluminación: Jean Paul De Sa
   · Son / música: Jodel Garsset Sarawatari
   · Público recomendado: adolescentes e adultos
   · Duración: 1h 15min.


AGRADECEMENTOS: Frabice Corróns, Matthieu Pouget, Benedyct Antifer
FOTOGRAFÍAS: Benedyct Antifer
MIT Ribadavia 2012
teatrogalego.com
© Carla Capeáns Pardo, 2012

0 comentarios:

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.