Roberto Vidal Bolaño, Letras Galegas 2013

     
     O esforzo e o traballo sempre leva a bo camiño. Ao fin, Roberto Vidal Bolaño será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2013. Roberto Vidal Bolaño foi elixido por maioría entre os membros da Real Academia Galega como figura a homenaxear no Día das Letras Galegas 2013.


roberto-bolaño-teatro-galego-letras-galegas-2013
Audio do anuncio do nomeamento de R. Vidal Bolaño [click aquí]

     Xosé Luis Méndez Ferrín, como presidente da Real Academia Galega, destacou "a forza e potencia creativa" de Vidal Bolaño. O académico Euloxio Ruibal engadiu que Vidal Bolaño é un autor "imprescindible" do século XX, e concluía..."foi un home que dende a esquerda defendeu uns valores que temos que ter moi presentes, porque as obras de todo tipo teñen que servir para a dignidade”. 


     Margarita Ledo (académica) sobre R. Vidal Bolaño: “é un autor de rexistros múltiples, dunha obra moi extensa e moi representada” e sobre todo un “grande axitador do mundo do teatro. A gran preocupación de Roberto era crear un público para o teatro galego, que é algo que agora está opacado, que está pasando uns momentos delicados”. Ledo concluiu dicindo:“como bo bufón e home de escena enfrontouse cos conflitos da sociedade e co poder representa, polo que é un bo representante da contemporaneidade e da tradición”.


Audio: Praza Pública [www.praza.com]
Agradecementos: Praza Pública
Roberto Vidal Bolaño, Letras galegas 2013
teatrogalego.com

© Carla Capeáns Pardo, 2012

0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.