"O método Grönholm", a nova producción de Talía Teatro

   
teatro-metodo-gronholm-talia-teatro

     Talía Teatro estreará o 11 e 12 de Outubro, no FIOT de Carballo, a súa nova producción "O método Grönholm" de Jordi Galcerán. Xúlio Lago será o encargado de dirixir a María Ordóñez, Dani Trillo, Artur Trillo e Toño Casais nesta comedia da que tantas e tantas versións se fixeron.

O método Grönholm, de Talía Teatro

   · Autor: Jordi Galcerán
   · Dirección: Xúlio Lago
   · Axudante de dirección: Diego Rey
   · Elenco: María Ordóñez, Toño Casais, Artur Trillo e Dani Trillo
   · Vestiario: Martina Cambeiro
   · Maquillaxe: Martina Cambeiro
   · Fotografía: Rubén Prieto

     Na Sala de Reunións dunha empresa multinacional comparecen catro aspirantes a ocupar un cargo executivo importante. A razón da súa presenza alí é que todos eles foron convocados a unha última proba na que a Empresa decidirá quen dos catro é o elixido para o posto. A proba nesta ocasión vai ser conxunta realizándose polos catro aspirantes ao tempo. 
     Ao pouco de dar comezo vai quedando claro para todos os aspirantes que aquela non é unha proba convencional. Todos , tres homes e unha mulle, son profesionais con ampla experiencia, con cargos importantes en outras empresas na actualidade-, afeitos a superar todo tipo de desafíos para alcanzar os obxectivos…..Pero esta experiencia, na que entra en xogo o Método Grönholm, e unha experiencia distinta.

0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.