ImaxinamosNós, o primeiro espectáculo da cía "Las Civas"


     A compañía de teatro "Las Civas" é unha compañía de nova creación que naceu ao abeiro da Universidade de Santiago de Compostela. A iniciativa xurdiu a partir dun curso de interpretación da Aula de Teatro da USC impartido polo actor e director Roberto Leal. "Las Civas" comezou a traballar no proxecto "ImaxinamosNós" aló polo mes de febreiro deste mesmo ano. Integrada na súa totalidade por mulleres, tomaron a decisión de optar pola "creación colectiva" porque, según afirman "apetecíanos facer algo totalmente noso, íntimo e que chegara ao público. Por este motivo eliximos a Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño para a estrea do espectáculo porque é a que mellor se adapta, sen lugar a dúbidas, ás características do espectáculo". "Las Civas" estreará o martes 19 o seu primeiro espectáculo ás 20.30 h na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño. O xoves 21 volven á Sala Roberto Vidal Bolaño para facer dous pases, un ás 12:30 h e outro ás 20:30 h. A Entrada será gratuita.

 ImaxinámosNós
da Cía "Las Civas"
· Dirección e creación: Colectiva
· Texto: creación colectiva; adaptacións dalgúns capítulos de “Ella Imagina” de Juan José Millás e de “Flúor” de Ana Laura Aláez.
· Elenco: Marta Gonzalez, Conchi Rodríguez, Xoana Regos, Cristina F.Mangana e Clara Martín
· Espazo escénico, sonoro e iluminación: Cía. Las Civas
· Deseño de vestiario: StilosaBaratija
· Deseño de cartaz e programa de man: Héctor Barros
· Escenografía e atrezzo: Cía. Las Civas.
Eu imaxino, ti imaxinas, nós imaxinamos... imaxinámosnos. Así é como nace ImaxinamosNós, proxecto artístico escrito e pensado en feminino.
Cada quén ten as súas inquedanzas, obsesións, pensamentos internos que voan e dan voltas ao redor da nosa cabeza e endexamais se van, por moito que desexes botalos. Ti es eu e eu son ti. Conflitos internos e externos, usurpacións de personalidade, encontros de luz, coa luz, sen luz. Loitas en cor flúor e linguas modernas. Palabras longas. Dentro e fóra. Fóra e dentro. Chicles. Inquedanzas que nos invaden, fantasía e realidade , ti es eu, e eu son ti, son os puntos fundamentais do traballo que ides ver, sentir, ulir e saborear a continuación. 

FUNCIÓNS de "ImaxinámosNós", da Cía. Las Civas
· Martes 19 de xuño de 2012 ás 20:30 h. na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño
· Xoves 21 de xuño de 2012 ás 12:30 h e ás 20.30 h. na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño
* Entrada gratuita ata completar aforo
 

Agradecementos: Clara Martín, Cía "Las Civas"
Fotografías de ensaios: "Las Civas"
ImaxinamosNós, da Cía Las Civas
teatrogalego.com
© Carla Capeáns Pardo, 2012

0 comentarios:

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.