Curso de Teatro para nenos de Santiago de Compostela

          
          O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha o seu programa "Vive o Verán 2012" que se  desenvolverá durante os meses de verán en centros socioculturais e noutros espazos da cidade.  A iniciativa, que comprende un total de 15 actividades, aposta pola conciliación familiar e laboral e por levar tamén a diversión aos centros do rural. Dentro do programa "Vive o Verán" atopamos as "Mañás de pequenos artistas", un curso de teatro para nenos que se realizará no CSC das Fontiñas entre os días 2 e 31 de Xullo de 2012.

MAÑÁS DE PEQUENOS ARTISTAS
Vive o verán 2012

1. Que actividades se desenvolverán?
      · Commedia dell'arte
      · Clown
      · Movemento
      · Malabares
      · Voz e canto
      · Maquillaxe teatral
      · Confección de vestiario e atrezzo

2. Ónde se realizará?
     · No CSC As Fontiñas

3. Cando vai ser e en que horarios?
     · Do 2 ao 31 de Xullo
     · De Luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 h.

4. A quen vai destinado?
    · A nenos e nenas de familias empadroadas no Concello de Santiago de Compostela 
    · Nenos e nenas nados entre o 2000 e o 2006.

5. Cal é o período de inscripción?
   · Do 12 ao 25 de Xuño nos centros socioculturais en horario de 10 a 14 h e de 17h a 21 h


Programa "Vive o Verán" [click aquí]
Fichas de inscripción e máis [click aquí]



0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.