XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia da USC

A Mostra de Teatro Universitario de Galicia comezou o pasado 8 de maio coa representación, na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño de "Memoria de Helena e María" pola compañía Artías Teatro. Os días 9, 10 e 11, na mesma sala de teatro a compañía de recente creación TIKTAK presentou o seu espectáculo "Tike Tak, unha historia de amor reloxil". A Aula de Teatro da USC-campus de Lugo e a Aula de Teatro Universitaria de Ourense (Grupo maricastaña) representaron as súas pezas no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
A Mostra trasládase agora ao Salón Teatro no que se poderán ver 10 espectáculos ata o día 30 de Xullo. Pecha a Mostra a Aula de Teatro da USC-campus de Compostela coa súa "Comedia famosa do Cabaleiro de Olmedo" na Sala Roberto Vidal Bolaño. A entrada é de balde para todos os espectáculo da Mostra (previo paso pola taquilla). A taquilla do Salón Teatro abrirá ás 19:30 h e a da Sala Roberto Vidal Bolaño ás 20:30 h. Só se entregarán 2 entradas por persoa.
O venres 1 de xuño ás 20,00 horas farase entrega dos premiosde teatro da XIII Mostra ás mellores montaxes, direccións de escena, actrices eactores, espazos escénicos e vestiarios, no Salón Nobre da Universidade. Este ano o xurado está composto por Roberto Leal, Ernesto Chao, Nuria Sanz e Marcos Correa.


PROGRAMACIÓN XIII MOSTRA TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA

Apertura de TAQUILLA
· Salón Teatro: ás 19:30 h.
· Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño: ás 20:30 h.

· Día 21 de maio - Salón Teatro ás 21:00 h
Tolemia Teatro con "Teatro: Obras Completas", creación colectiva

· Día 22 de maio - Salón Teatro ás 21:00 h
Teatro Os Sigillatos Galaicos con "Aliza G." de Jorge Moreno

· Día 23 de maio - Salón Teatro ás 21:00 h
Teatro da Falúa con: "Falúa's Flying Circus", creación colectiva

· Día 24 de maio - Salón Teatro ás 21:00 h
Pinchacarneiro Teatro con: "Baixarse ó moro", adaptación de “Bajarse al moro”, de J. L.Alonso de Santos

· Día 25 de maio - Salón Teatro ás 21:00 h
ARTÍAS Teatro con: "(Comisaría) para mulleres", de Albert Miralles

· Día 26 de maio - Salón Teatro ás 21:00 h
Aula de Teatro da Universidade da Coruña con: "Nosa señora das nubes", de Arístides Vargas

· Día 27 de maio - Salón Teatro ás 21:00 h
Arte maior con: "Aforro ordinario", de Inma Antonio

· Día 28 de maio - Salón Teatro ás 21:00 h
NNC Teatro con: "Pim,pam.clown", de Tomás Afán

· Día 29 de maio - Salón Teatro ás 21:00 h
Enlata Teatro con: "Turandot", de Bertold Brecht

· Día 30 de maio - Salón Teatro ás 21:00 h
Mequetrefes Teatro: "Folie à trois: paranoias compartidas", creación colectiva

· Día 31 de maio - Sala Roberto Vidal Bolaño ás 21.00 h
Aula de Teatro da USC con: "Comedia famosa do Cabaleiro de Olmedo", de F. de Monteser

0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.