Mañá, Gala dos Premios de Teatro María Casares 2012



Gañadores Premios María Casares 2012 [click aquí]

     Mañá martes, o Teatro Rosalía de Castro da Coruña será o marco para a XVI edición dos Premios María Casares de Teatro que organiza, dende 1997, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Os convidados chegarán ao recinto dende as 20:30 horas para unha cita que é unha homenaxe ao mundo da escena e reunirá, unha vez máis, a profesionais e numerosos amigos. A TVG ofrecerá o evento tralo capítulo da serie “Matalobos” ás 23.45 h.

     Durante a cita, D. Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega lerá o Manifesto Galego do Día Internacional do Teatro, redactado polo propio escritor. Os trofeos consisten nunha xerra coa efixie da actriz María Casares que xa é toda unha icona. 

     As 13 categorías  que procuran gañador ou gañadora son: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor adaptación-tradución, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor dirección e mellor espectáculo.

Este blog "Teatro Galego.com" estará mañá na Gala dos Premios de Teatro María Casares para mantervos informados do acontecido vía facebook.

Consulta a listaxe de Nomeados aos Premios de Teatro María Casares 2012 [click aquí]

Agradecemento: Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Autor da fotografía: Corsino



1 comentario:

  1. Ben!!!Eu estarei tamén por alí...non ma perdo!!!

    ResponderEliminar

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.