Gañadores Premios de Teatro María Casares 2012


  • MELLOR MAQUILLAXE: Trini Fernández Silva por A ópera dos tres reás
  • MELLOR VESTIARIO: Carlos Alonso por A ópera dos tres reás
  • MELLOR ILUMINACIÓN: Octavio Mas por Oeste Solitario
  • MELLOR ESCENOGRAFÍA: Paco Conesa por Piratas
  • MELLOR MÚSICA ORIXINAL: Xacobe M. Antelo por Citizen Total
  • MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Avelino González por Oeste Solitario
  • MELLOR TEXTO ORIXINAL: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Sechu Sende por Pelos na lingua
  • MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA: Mónica García por Citizen Total
  • MELLOR ACTOR SECUNDARIO: Vicente de Souza por Tango
  • MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA: Patricia de Lorenzo por Citizen Total
  • MELLOR ACTOR PROTAGONISTA: Evaristo Calvo por Oeste Solitario
  • MELLOR DIRECCIÓN: Xesús Ron por Citizen Total
  • MELLOR ESPECTÁCULO: Citizen Total, de Grupo Chévere

     Na noite do día 3 celebrouse a XVI edición dos Premios María Casares de Teatro, a cita que reúne anualmente aos profesionais e aos amigos da escena, coa organización da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). A cita foi no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no que se xuntaron máis de 550 convidados. Antonio Durán, Morris, presidente da AAAG foi o encargado de dar a benvida aos asistentes.

     Durante a cita, D. Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega leu o Manifesto Galego do Día Internacional do Teatro, redactado polo propio escritor. Un dos momentos máis agardados da cerimonia foi a entrega do Premio de Honra Marisa Soto aos representantes da Sala Nasa. Xesús Ron, Miguel de Lira e Manuel Cortés subiron ao escenario a recollelo.

     A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia decidiu conceder o galardón á Nasa por: “Ser unha sala alternativa independente de referencia en Galicia e no estado   español; converterse nunha Sala de exhibición imprescindible na vida teatral e cultural de Santiago  de Compostela; provocar unha xeración de profesionais da escena que se criaron e medraron a carón da Sala, converténdoa nunha auténtica `escola de rúa’; e por ser un proxecto diferenciado e  innovador, sempre á procura dunha linguaxe propia e dunha particular maneira de achegar as artes escénicas á cidadanía”.

Agradecementos: Departamento de Comunicación da AAAG
Fotografías: Corsino e Luís Ramírez

1 comentario:

  1. Encantoume a Gala, foi moi divertida, estivo moi ben!! e Parabéns a todos os Gañadores!!!

    ResponderEliminar

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.