Crítica teatral de "Hamlet" de A Internacional Teatro na Revista Dixital "Letra en Obras"

critica-teatral-teatro-hamlet-internacional-teatro
   
A última crítica publicada na revista dixital Letra en Obras sobre o "Hamlet" de A Internacional Teatro.

Hamlet, de A Internacional Teatro [click aquí]
A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare
· Dirección: Jorge Rey
· Axudante de dirección: Josito Porto
· Traducción: Alfredo Conde
· Elenco: Alfredo Padilla

     O “Hamlet” de A Internacional Teatro é un traballo no que prima a investigación teatral sobre a propia historia e sobre a propia concepción da mesma. Con esta investigación tanto o actor como o espectador navega entre posibilidades teatrais infinitas co límite único do texto. Non estamos pois ante unha posta escénica “final” ou “pechada”.  O actor, no marco da representación, está permanentemente aberto a novas intencións, a novas sensacións.  Aquelo que vai atopando incorpórao ao conxunto ou desbótao, según conveña. O esencial desta peza é iso, a viveza, a sensación de estar ante algo libre. Supoño que para un actor traballar deste xeito, por unha banda implica un sobreesforzo en cada representación pero ao mesmo tempo achega unha liberdade de experimentación e descubrimento que non sería posible noutro tipo de espectáculo. Dende a dirección óptase por unha desestruturación da historia, comezando o espectáculo no momento concreto no que Hamlet lle pide a Horatio, o seu amigo, que relate a súa historia. Enmarca a historia nun espazo polivalente, simple e eficaz. A propia concepción da peza fai que o espectador acade un papel importante no espectáculo. O espectador observa dende a súa posición o espectáculo máis pola proximidade e as referencias visuais do actor, semella formar parte da propia historia. Ler Máis

Enlace á crítica: http://www.letraenobras.com/2012/04/hamlet/
Agradecementos: Letra en Obras
Crítica teatral Hamlet
teatrogalego.com

© Carla Capeáns Pardo, 2012

0 comentarios:

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.