Notas sobre Teoría Teatral: Meyerhold e a Biomecánica



     Vsévolod Emílievich Meyerhold (Penza, 28 de enero de 1874 - 1940) foi un director teatral, actor e teórico ruso.

     Constantemente Meyerhold preguntábase sobre a “teatralidade” do teatro. Para Stanislavski a “teatralidade” convertíase nun concepto negativo pois tiña como obxectivo converter a acción escénica nun fragmento da realidade. Sen embargo, Meyerhold procuraba un sistema que puidese servir para todos os estilos incluíndo tamén o chamado “naturalismo”. O actor que fose capaz de enfrontar as tarefas que lles propoñería Meyerhold (a habilidade para interpretar farsa e traxedia, melodrama, pantomima ou escenas de circo, etc) precisaba dunha rigorosa e permanente formación. Segundo Meyerhold, o actor debe ser quen de moverse e pensar. O actor non deberá identificarse co personaxe senón que, pola contra, o cerebro do actor ten que decidir sobre a formulación física do momento. Igor Ilyinski, actor formado con Meyerhold, sinalaba que “se a forma física é correcta, en tanto fundamentación do personaxe, as entoacións e as emocións tamén o son, pois están determinadas pola posición do corpo”. Deste xeito a formación centrábase no estudo do corpo no espacio ou no movemento escénico.

     O movemento escénico impregnaba todos estes experimentos que Meyerhold realizaba naquel estadio da súa carreira creando unha “polifonía” grotesca en escena. O que se procuraba era desenvolver conceptos como o ritmo, tanto o ritmo espacial como o temporal. Os actores que estudaban con Meyerhold improvisaban unha e outra vez para potenciar a súa axilidade física pero tamén a capacidade de resposta física en escena sempre sen deixar de lado a “musicalidade” (ou ritmo temporal).

     Nun teatro como o que Meyerhold propoñía, o actor precisaba ser sumamente consciente de todo aquelo que o seu corpo, os seus xestos e os seus movementos connotaban. A Biomecánica, como se denomina o sistema ou teoría teatral de Meyerhold,  non é arbitraria. Require do actor e contribúe a formar:
1) O equilibrio (control físico)
2) A consciencia rítmica, tanto espacial como temporal
3) A capacidade de resposta en escena e en relación co público e con outros estímulos externos, especialemente a través da habilidade de observar, escoitar e reaccionar.

Carla Capeáns
Pequenas notas sobre Teoría Teatral
www.teatrogalego.com

0 comentarios:

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.