Nominados XVI Premios de Teatro María Casares 2012


   "A ópera dos tres reás", xunto con "Citizen Total" obtiveron un total de oito nominacións cada unha. Séguelle o "Oeste solitario" de Producións Teatrais Excéntricas con 6 nominacións e "E.R. (Algún día traballaremos xuntas)", de Teatro do Atlántico con 4 nominacións.


      Logo de asistir á V Festa dos Nomeados aos Premios de Teatro María Casares no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames) déixovos o resultado final destas nominacións.

Gañadores Premios de Teatro María Casares 2012 [click aquí]

- MAQUILLAXE:
    · Raquel Fidalgo por "Tango", de Sarabela Teatro
    · Fani Mosqueira por "American Café", de Teatro do Morcego
    · Trini Fernández por "A ópera dos tres reás", do Centro Dramático Galego

- VESTIARIO:
    · Ruth Pereira por "Tango", de Sarabela Teatro
    · Carlos Alonso por "A ópera dos tres reás", do Centro Dramático Galego
    · Paco Conesa por "Piratas", de Teatro do Noroeste

- ILUMINACIÓN:
    · Baltasar Patiño por "A ópera dos tres reás", do Centro Dramático Galego
    · Fidel Vázquez por "Citizen total", de Grupo Chévere
    · Octavio Mas por "Oeste solitario", de Producións Teatrais Excéntricas

- MÚSICA ORIXINAL:
    · Nacho Sanz por "Soños", de Bichakadela
    · Piti Sanz por "Oeste Solitario", de Producións Teatrais Excéntricas
    · Xacobe Martínez por "Citizen total", de Grupo Chévere

- ADAPTACIÓN - TRADUCIÓN:
    · Avelino González por "Oeste Solitario"
    · Pepe Sendón por "A ópera dos tres reás"
    · Xosé Manuel Pazos Varela por "E. R. Algún día traballaremos xuntas"

- TEXTO ORIXINAL:
    · Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Sechu Sende por "Pelos na lingua"
    · Manuel Cortés por "Citizen total"
    · Santiago Cortegoso por "0,7 Molotov"

- ESCENOGRAFÍA:
    · Baltasar Patiño por "A ópera dos tres reás", do Centro Dramático Galego
    · Grupo Chévere por "Cítizen total"
    · Paco Conesa por "Piratas", de Teatro do Noroeste

- ACTRIZ SECUNDARIA:
    · María Lado por "Oeste Solitario", de P. T. Excéntricas
    · Marta Pazos por "A ópera dos tres reás", do CDG
    · Victoria Pérez por "Piratas" de Teatro do Noroeste
    · Mónica García por "Citizen total", de Grupo Chévere

- ACTOR SECUNDARIO:
    · César Goldi por "A ópera dos tres reás", do CDG
    · Vicente de Souza por "Tango", de Sarabela Teatro
    · Víctor Mosqueira por "A ópera dos tres reás", do CDG

- ACTRIZ PROTAGONISTA:
    · Luisa Merelas por "E.R. Algún día traballaremos xuntas", de Teatro do Atlántico
    · Patricia de Lorenzo por "Citizen total", de Grupo Chévere
    · Susana Dans por "E.R. Algún día traballaremos xuntas", de Teatro do Atlántico

- ACTOR PROTAGONISTA:
    · Antón Durán "Morris" por "O Florido Pénsil", de Eme2
    · Evaristo Calvo por "Oeste Solitario", de P. T. Excéntricas
    · Josito Porto por " O Florido Pénsil", de Eme2

- MELLOR DIRECCIÓN:
    · Avelino González por "Pelos na lingua", de Talía Teatro
    · Xesús Ron por "Citizen total", de Grupo Chévere
    · Xúlio Lago por "E. R. Algún día traballaremos xuntas", de Teatro do Atlántico

- MELLOR ESPECTÁCULO:
    · "Citizen total", de Grupo Chévere
    · "O Florido Pénsil", de Eme2
    · "Oeste Solitario", de P, T. Excéntricas

1 comentario:

  1. Que ben, estou desexando ir a entrega dos premios, fun o ano pasado por primeira vez i encantoume.
    De todas as obras tiven oportunidade de ver Tango, A opera dos tres reas, Pelos na lingua e O Florido Pencil....gustaronme todas, con Pelos na lingua rinme moito, O Florido Pencil chegoume ao corazón A opera dos tres reas, foi fantastica e Tango sentín moi preto aos actores. Ben polo teatro galego!!

    ResponderEliminar

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.