Crítica teatral de "Citizen Total" do Grupo Chévere na revista dixital "Letra en Obras"


   
   Nestes intres, como xa vos teño comentado en algunha ocasión estou a colaborar coa revista dixital Leta en Obras, un proxecto para a difusión da cultura e da literatura galega en xeral. Escribo, cada mes, un comentario crítico sobre algunha peza teatral. Desta vez sobre Citizen Total, do grupo Chévere.

Citizen Total, do Grupo Chévere [click aquí]
· Autoría: Manuel Cortés
· Dirección: Xesús Ron
· Elenco: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mñonica García, Arantza Villar, Nekane Fernández, Iván Marcos

   Cítizen Total é unha triloxía sobre o imperio téxtil de A.O. feita en tres episodios que se estrearon ao longo do 2010 e 2011 na Sala Nasa de Santiago de Compostela. Está nomeada aos XVI Premios María Casares 2012 nas categorías de mellor espectáculo, mellor actriz secundaria, mellor actriz protagonista, mellor dirección, mellor texto orixinal,  mellor iluminación, mellor música orixinal e mellor escenografía. Con este espectáculo, o Grupo Chévere acadou o Premio da Crítica Galicia 2011 ademáis de ser o espectáculo con máis votos na Rede de Teatros Alternativos. Citizen 1 desenvólvese no ano 1975 e ten como marco principal a morte de Franco. Nesta fase do espectáculo combínase o texto e a palabra con cámaras de vídeo que gravan en directo o que está a acontercer e que mostran realidades opostas ou contradictorias. Abórdanse entrevistas entre os dous personaxes do episodio dende puntos ópticos distintos. Os actores sitúanse no encenario nunha posición corporal contraposta mais coa axuda das cámaras o público pode contemplar a escena dende outro punto de vista. É interesante dende o punto de vista técnico pois axuda a manter un ritmo correcto da peza e mantén a atención do público sempre e cando non se exceda a acción no tempo. Ler Máis 
Enlace á Crítica: http://www.letraenobras.com/2012/03/citizen-total-do-grupo-chevere/
Agradecementos: Letra en Obras
Crítica teatral Citizen
teatrogalego.com

© Carla Capeáns Pardo, 2012

0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.