Evaristo Calvo no Centro Dramático Galego


     Evaristo Calvo, Premio María Casares 2011 a mellor actor protagonista, dirixirá as dramatizacións das obras finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que promoven a Radio Galega e o CDG co patrocinio da Agadic. Recibíronse un total de 51 orixinais, a cifra máis elevada da súa historia (dende 2007). Pechado o plazo para a recepcións de orixinais, o xurado procederá á selección das obras finalistas.

Os membros do xurado son:
  • Evaristo Calvo
  • Xosé Manuel Pacho Blanco, gañador da V edición coa obra Paraísos
  • Camilo Franco, crítico de teatro
  • Roberto Taboada, coordinador de actividades do Festival ALT de Vigo e membro do consello asesor do CDG
  • Gloria Ferreiro, redactora xefa de programas da Radio Galega
  • Ana Romaní, directora do programa Diario Cultural.

      Evaristo Calvo, dirixirá  a actores e actrices que dramatizarán os textos seleccionados polo xurado. Os textos dramatizados emitiranse no mes de marzo nos distintos programas da Radio Galega para que a audiencia poida proceder á votación. Este mesmo traballo foi realizado nas anteriores edicións por Ana Vallés (2011), Ánxeles Cuña (2010), Candido Pazó (2009), Quico Cadaval (2008) e Lino Braxe (2007).


teatrogalego.com

0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.