Crítica teatral: "O Profesional", do Centro Dramático Galego

· Autoría: Dusan Kovacevic
· Dirección: Manuel Guede Oliva
· Adaptación: Manuel Guede, a partir da tradución de Vladimir André Cejovic e Ann Renoue
· Asistente de dirección: Inma Antonio Souto
· Elenco: Ernesto Chao, Miguel Pernas, Rebeca Montero e Rodrigo Roel
· Escenografía: Arquitecto José Carvalho Araújo
· Deseño de iluminación: Juanjo Amado

Sarabela Teatro: A viaxe a ningunha parte


     Sarabela Teatro estrea hoxe no Auditorio Municipal de Ourense ás 21:00 h. a súa nova producción "A viaxe a ningunha parte" de Fernando Fernán Gómez e con dramaturxia e dirección de Ánxeles Cuña Bóveda.

       PRÓXIMAS FUNCIÓNS                   
· Venres 21 de Setembro ás 21:00 h. no Auditorio Municipal de Ourense
· Sábado 22 de Setembro ás 20:30 h. no Auditorio Municipal de Ourense
· Domingo 23 de Setembro ás 20:30 h. no Auditorio Municipal de Ourense
· Martes 25 de Setembro ás 10:00 h. e 12:00 h. no Auditorio Municipal de Ourense
· Mércores 26 de Setembro ás 10:00 h. e 12:00 h. no Auditorio Municipal de Ourense
· Xoves 27 de Setembro ás 20:30 h. no Auditorio Municipal de Ourense
· Venres 28 de Setembro ás 20.30 h. no Auditorio Municipal de Ourense
· Sábado 29 de Setembro ás 20:30 h. no Auditorio Municipal de Ourense

"Cipriano de Bequelar, historia de amor e morte", o novo espectáculo de Carrachanacacha

     "Cipriano de Bequelar, historia de amor e morte" é o novo espectáculo do colectivo Carrachanacacha (Aturuxo de Melpómene). Asina o texto e a dirección da peza  Leandro Lamas. Logo da súa grande exitosa estrea na derradeira Mostra de Teatro de Cee volven á súa casiña, a Narón (Xoves 20 de Setembro ás 20:30 h. no Auditorio de Narón).

Próximas funcións de "Cipriano de Bequelar (historia de amor e morte)"
Día: Xoves 20 de Setembro de 2012
Hora: 20:30 h
Lugar: Auditorio de Narón

CDG: O profesional, de Dusan Kovacevic

     O día 3 de Setembro o CDG comezou os ensaios do espectáculo "O profesional" (de Dusan Kovacevic) , con Manuel Guede Oliva como director, que ademáis de encabezar o equipo de xestión do Centro Dramático Galego asume tamén a dirección teatral do espectáculo. Estrearase o día 5 de Outubro no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

AGADIC: Subvencións ás Industrias Culturais 2012


   A Agadic convoca as súas subvencións ás industrias culturais 2012, dotadas cun orzamento total máximo de 1.290.000 euros para distribuír entre as seguintes modalidades:

A. Actividade escénica
     A.1. Empresas de nova creación
     A.2. Produción de espectáculos de pequeno formato
     A.3. Produción de espectáculos de mediano formato
     A.4. Produción de espectáculos de gran formato
     A.5. Produción de espectáculos de novas tendencias, contemporáneos ou de autor.
B. Crédito-cultura
C. Salas de teatro e artes escénicas de titularidade privada
D. Distribución
     D.1. Distribución exterior
     D.2. Asistencia a feiras e outras plataformas de distribución
     D.3. Distribución interior
E. Asociacionismo profesional

Programación da Mostra de Teatro de Cee 2012

     
mostra-teatro-cee-2012
     O mes pasado Artur Trillo advertía da posibilidade de que a Mostra deste ano fose a última das Mostras de Teatro de Cee. E así é: entre o xoves 23 e o domingo 26 de agosto terá lugar a derradeira Mostra de Teatro de Cee. 
     Dende o blog Teatro galego.com queremos agradecer a todos aqueles que, durante 25 anos, traballaron a prol da Mostra de Teatro de Cee e moi especialmentente á compañía Talía Teatro polo seu esforzo e ilusión.

Resumo do acontecido no mes de Xullo no Teatro Galego

     Foron moitas as novas que inundaron os xornais e as redes sociais durante este mes de xullo no eido do teatro galego... velaí o artigo publicado na revista cultural Letra en Obras a modo de resumo que leva por título "Xullo e o Teatro Galego. O que pasou e o que deixou de pasar".
     No artigo publicado na revista Letra en Obras, coa que colaboro xa fai case un ano, tratáronse os seguintes temas:
     1. A XVIII Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
     2. A Nova directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
     3. A compañía de teatro "Lagarta lagarta" pecha as súas portas
     4. Estrea do musical "Galicia Canibal" dirixido por Quico Cadaval e Evaristo Calvo
     5. Sobre a Mostra de Teatro de Cee 2012
     6. O número 71 da Revista Galega de Teatro
     7. Os grupos de teatro afeccionado de Ferrol e o ciclo "Domingos a escena"
     8. Chegaron a Galicia "Las Huellas de la Barraca"

Entrevista a Matthieu Pouget, director da Cía francesa Les Anachroniques (MIT Robadavia 2012)

     Matthieu Pouget director da compañía francesa Les Anachroniques concedeu a este blog "Teatro Galego.com" unha pequena entrevista con motivo da súa chegada á 28ª edición da MIT de Ribadavia. Dende aquí queremos agradecer o interese mostrado pola compañía Les Anachroniques e a amabilidade de Matthieu Pouget.

+ Info sobre "As Crónicas de Sochantre", espectáculo de Les Anachroniques [click aquí]

teatro-cronicas-sochantre-francia

     A compañía naceu en 1989 como compañía de teatro universitario en Toulouse. Cantos integrantes, dos orixinarios e "fundadores" seguen pertencendo á compañía?
     La compañía fue fundada por tres personas Monique Martinez Thomas, Antonio Fernández Perez y Felix Martín. Hoy, tan solo queda una persona de los fundadores en la compañía. Pero los demás aun estando menos presentes siguen participando a ciertas actividades del grupo. En 25 años muchas personas han pasado por este grupo: el equipo de hoy es un equipo que lleva trabajando estos últimos 10 años.

As Crónicas de Sochantre, da compañía Les Anachroniques (Francia) na MIT de Ribadavia


     
     É unha adaptación de Matthieu Pouget (director da compañía) da novela homónima do galego Álvaro Cunqueiro, co que fragmentos en galego se unirán ao bilingüismo habitual das propostas escénicas da compañía (castelán e lingua de signos). "As Crónicas de Sochantre" estará na MIT de Ribadavia 2012 o venres 27 de Xullo ás 23:00 no Auditorio do Castelo [programación da 28ªMIT Ribadavia]. Dende este blog queremos agradecer a amabilidade e a xenerosidade da compañía e moi especialmente a Matthieu Pouget por concedernos unha pequena entrevista. Entrevista [click aquí]

O 7º Premio Abrente de Textos Teatrais queda deserto


     O xurado, do 7º Premio Abrente de textos tetarais, presidido polo Alcalde de Ribadavia e composto polo Concelleiro de Cultura, o Director da MIT e os especialistas Vanesa Sotelo, dramaturga e directora premiada co Abrente de 2011, Manuel F. Vieites, Director da ESAD de Galicia e Sonia Rúa, actriz, reunidos o día 20 de xullo de 2012 acordaron o seguinte:

O xurado destaca a variedade, a riqueza temática das obras presentadas ao concurso de textos tetarais Abrente, en especial as presentadas baixo o lema “Bielmeier” e o lema “MAD” e o potencial cinematográfico do texto presentado co lema “Flanagan”. Decídese, aínda así, non conceder o premio ao non haber un texto que, na opinión do xurado, conte coa dimensión dramática suficiente a nivel formal e de contados e non logre seducir unánimemente ao xurado para obter este recoñecemento.
    

MIT 2012: Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia


    Presentación oficial en rolda de prensa o día 10 de xullo, xunto á información do servizo de venda de entradas e outros detalles de interese para os asistentes ao festival.

 PROGRAMA da MIT 2012 de RIBADAVIA

 VENRES 20 de XULLO 2012
  - Teatro do Vilar – Apoio da MIT ao teatro afeccionado de Ribadavia.

 SÁBADO 21 de XULLO 2012
 - 20:00 h Inauguración oficial da MIT 2012. Salón de actos Concello de Ribadavia
 - 20:30 h Pregón da 28ª edición a cargo de Quico Cadaval
 - 23:00 h Timbre 4 e Théâtre du Soleil: "A puerta cerrada" no Auditorio do Castelo
 - 00:30 h Drago Bianco e Cantiere Ikrea: "ZOTT il fuoco che cammina" na Praza Maior

DOMINGO 22 de XULLO 2012
 - 12:30 h Resolución do 7º Premio Abrente de textos teatrais no Salón de actos da Casa do Concello
 - 20:30 h Teatro en el Aire: "Bailando tus huesos" na Igrexa da Madalena
 - 23:00 h Teatro do Chapitô: "Cão que morre não ladra" no Auditorio do Castelo

Roberto Vidal Bolaño, Letras Galegas 2013

     
     O esforzo e o traballo sempre leva a bo camiño. Ao fin, Roberto Vidal Bolaño será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2013. Roberto Vidal Bolaño foi elixido por maioría entre os membros da Real Academia Galega como figura a homenaxear no Día das Letras Galegas 2013.


roberto-bolaño-teatro-galego-letras-galegas-2013
Audio do anuncio do nomeamento de R. Vidal Bolaño [click aquí]

     Xosé Luis Méndez Ferrín, como presidente da Real Academia Galega, destacou "a forza e potencia creativa" de Vidal Bolaño. O académico Euloxio Ruibal engadiu que Vidal Bolaño é un autor "imprescindible" do século XX, e concluía..."foi un home que dende a esquerda defendeu uns valores que temos que ter moi presentes, porque as obras de todo tipo teñen que servir para a dignidade”. 

ImaxinamosNós, o primeiro espectáculo da cía "Las Civas"


     A compañía de teatro "Las Civas" é unha compañía de nova creación que naceu ao abeiro da Universidade de Santiago de Compostela. A iniciativa xurdiu a partir dun curso de interpretación da Aula de Teatro da USC impartido polo actor e director Roberto Leal. "Las Civas" comezou a traballar no proxecto "ImaxinamosNós" aló polo mes de febreiro deste mesmo ano. Integrada na súa totalidade por mulleres, tomaron a decisión de optar pola "creación colectiva" porque, según afirman "apetecíanos facer algo totalmente noso, íntimo e que chegara ao público. Por este motivo eliximos a Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño para a estrea do espectáculo porque é a que mellor se adapta, sen lugar a dúbidas, ás características do espectáculo". "Las Civas" estreará o martes 19 o seu primeiro espectáculo ás 20.30 h na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño. O xoves 21 volven á Sala Roberto Vidal Bolaño para facer dous pases, un ás 12:30 h e outro ás 20:30 h. A Entrada será gratuita.

Curso de Teatro para nenos de Santiago de Compostela

          
          O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha o seu programa "Vive o Verán 2012" que se  desenvolverá durante os meses de verán en centros socioculturais e noutros espazos da cidade.  A iniciativa, que comprende un total de 15 actividades, aposta pola conciliación familiar e laboral e por levar tamén a diversión aos centros do rural. Dentro do programa "Vive o Verán" atopamos as "Mañás de pequenos artistas", un curso de teatro para nenos que se realizará no CSC das Fontiñas entre os días 2 e 31 de Xullo de 2012.

Roberto Vidal Bolaño para o Día das Letras Galegas 2013

O 23 de Xuño de 2012, R. Vidal Bolaño foi elixido para as Letras Galegas 2013 [click aquí]

     Dende este blog queremos apoiar a iniciativa: a de adicarlle a Roberto Vidal Bolaño o Día das Letras Galegas. Estase a levar a cabo un movemento para a recollida de sinaturas, asique deixamos aquí o texto que acompaña a proposta. Ao final do artigo poderás acceder ao forumulario de recollida de sinaturas.

28 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia


      Entre o 21 e o 28 de xullo terá lugar a 28ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O espectáculo de inauguración será “A puerta cerrada”, posta en escena do texto de Jean Paul Sartre a cargo dunha coprodución de artistas das prestixiosas compañías Timbre 4 (Arxentina) e Théâtre du Soleil (Francia). Será unha estrea absoluta en España.

     O festival quere seguir apostando pola calidade, a internacionalización e a innovación. Espectáculos difíciles de atopar na programación da carteleira galega, diversos, que intentan chegar a todos os gustos e a todos os públicos, ese é o obxectivo dun festival, en opinión do seu director, Roberto Pascual: “Unha obriga dun director é estar atento ás novidades, aos estilos e tendencias escénicas e ofrecer aos cidadáns cultura activa e dinámica, que nos amose dende distintas poéticas  a perversidade e a bondade do ser humano, cómica, dramática ou ironicamente.” Nese sentido, a selección de espectáculos desta 28ª MIT seguirá nesta liña, atendendo ao público infantil, complementando os espectáculos para adultos do castelo con sorprendentes artes de rúa, recoñecidas compañías e cualidades de grupos emerxentes.

XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia da USC

A Mostra de Teatro Universitario de Galicia comezou o pasado 8 de maio coa representación, na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño de "Memoria de Helena e María" pola compañía Artías Teatro. Os días 9, 10 e 11, na mesma sala de teatro a compañía de recente creación TIKTAK presentou o seu espectáculo "Tike Tak, unha historia de amor reloxil". A Aula de Teatro da USC-campus de Lugo e a Aula de Teatro Universitaria de Ourense (Grupo maricastaña) representaron as súas pezas no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
A Mostra trasládase agora ao Salón Teatro no que se poderán ver 10 espectáculos ata o día 30 de Xullo. Pecha a Mostra a Aula de Teatro da USC-campus de Compostela coa súa "Comedia famosa do Cabaleiro de Olmedo" na Sala Roberto Vidal Bolaño. A entrada é de balde para todos os espectáculo da Mostra (previo paso pola taquilla). A taquilla do Salón Teatro abrirá ás 19:30 h e a da Sala Roberto Vidal Bolaño ás 20:30 h. Só se entregarán 2 entradas por persoa.
O venres 1 de xuño ás 20,00 horas farase entrega dos premiosde teatro da XIII Mostra ás mellores montaxes, direccións de escena, actrices eactores, espazos escénicos e vestiarios, no Salón Nobre da Universidade. Este ano o xurado está composto por Roberto Leal, Ernesto Chao, Nuria Sanz e Marcos Correa.

"Teatro Galego.com" elixido Blog da Semana polo blog "Tece Poemas" de blogaliza

O blog "Tece Poeamas", elixiu a Teatro Galego.com como o blog da semana.
Graciñas por todo "Trece Poemas". Velaí as palabras que nos adican...
Carla Capeáns e o teatro galego teñen moito en común pois o seu nome leva tempo xa afiliado a Galiza e militando na dificil tarefa de ser interprete teatral e difusora do mundo do teatro. Trece poemas elixe esta semana o blog «teatro galego» como blog da semana, favorito por méritos propios, e convidámosvos a todos a que olledes este portal. E se desexades saber máis sobre o xenio e figura desta ciber-comprometida activista galega, Carla Capeáns, non dubidedes en pasar a ver o seu curriculum.  Aqui queda esta pequena e humilde homenaxe ao teatro en Gz e, desta volta, a representante que escollemos dende trece poemas como bandeira do noso teatro Gz…. é Carla….. polo que segue na túa loita e mantén o rumbo para poder brilar no ceo dos grandes escenarios teatrais porque nós seguirémoste dende tramolla, entre bambalinas ou sentados no anfiteatro como un membro máis do público que te nutre con aplausos apoiando sempre ós nosos e o noso. Parabéns pola túa laboura pasada, presente e agardamos….. futura.


Agradecementos: Trece Poemas [http://trecepoemas.blogaliza.org/]

Crítica teatral de "Hamlet" de A Internacional Teatro na Revista Dixital "Letra en Obras"

critica-teatral-teatro-hamlet-internacional-teatro
   
A última crítica publicada na revista dixital Letra en Obras sobre o "Hamlet" de A Internacional Teatro.

Hamlet, de A Internacional Teatro [click aquí]
A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare
· Dirección: Jorge Rey
· Axudante de dirección: Josito Porto
· Traducción: Alfredo Conde
· Elenco: Alfredo Padilla

     O “Hamlet” de A Internacional Teatro é un traballo no que prima a investigación teatral sobre a propia historia e sobre a propia concepción da mesma. Con esta investigación tanto o actor como o espectador navega entre posibilidades teatrais infinitas co límite único do texto. Non estamos pois ante unha posta escénica “final” ou “pechada”.  O actor, no marco da representación, está permanentemente aberto a novas intencións, a novas sensacións.  Aquelo que vai atopando incorpórao ao conxunto ou desbótao, según conveña. O esencial desta peza é iso, a viveza, a sensación de estar ante algo libre. Supoño que para un actor traballar deste xeito, por unha banda implica un sobreesforzo en cada representación pero ao mesmo tempo achega unha liberdade de experimentación e descubrimento que non sería posible noutro tipo de espectáculo. Dende a dirección óptase por unha desestruturación da historia, comezando o espectáculo no momento concreto no que Hamlet lle pide a Horatio, o seu amigo, que relate a súa historia. Enmarca a historia nun espazo polivalente, simple e eficaz. A propia concepción da peza fai que o espectador acade un papel importante no espectáculo. O espectador observa dende a súa posición o espectáculo máis pola proximidade e as referencias visuais do actor, semella formar parte da propia historia. Ler Máis

Enlace á crítica: http://www.letraenobras.com/2012/04/hamlet/
Agradecementos: Letra en Obras
Crítica teatral Hamlet
teatrogalego.com

© Carla Capeáns Pardo, 2012

Gañadores Premios de Teatro María Casares 2012


  • MELLOR MAQUILLAXE: Trini Fernández Silva por A ópera dos tres reás
  • MELLOR VESTIARIO: Carlos Alonso por A ópera dos tres reás
  • MELLOR ILUMINACIÓN: Octavio Mas por Oeste Solitario
  • MELLOR ESCENOGRAFÍA: Paco Conesa por Piratas
  • MELLOR MÚSICA ORIXINAL: Xacobe M. Antelo por Citizen Total
  • MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Avelino González por Oeste Solitario
  • MELLOR TEXTO ORIXINAL: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Sechu Sende por Pelos na lingua
  • MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA: Mónica García por Citizen Total
  • MELLOR ACTOR SECUNDARIO: Vicente de Souza por Tango
  • MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA: Patricia de Lorenzo por Citizen Total
  • MELLOR ACTOR PROTAGONISTA: Evaristo Calvo por Oeste Solitario
  • MELLOR DIRECCIÓN: Xesús Ron por Citizen Total
  • MELLOR ESPECTÁCULO: Citizen Total, de Grupo Chévere

Mañá, Gala dos Premios de Teatro María Casares 2012



Gañadores Premios María Casares 2012 [click aquí]

     Mañá martes, o Teatro Rosalía de Castro da Coruña será o marco para a XVI edición dos Premios María Casares de Teatro que organiza, dende 1997, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Os convidados chegarán ao recinto dende as 20:30 horas para unha cita que é unha homenaxe ao mundo da escena e reunirá, unha vez máis, a profesionais e numerosos amigos. A TVG ofrecerá o evento tralo capítulo da serie “Matalobos” ás 23.45 h.

     Durante a cita, D. Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega lerá o Manifesto Galego do Día Internacional do Teatro, redactado polo propio escritor. Os trofeos consisten nunha xerra coa efixie da actriz María Casares que xa é toda unha icona. 

Notas sobre Teoría Teatral: Meyerhold e a Biomecánica



     Vsévolod Emílievich Meyerhold (Penza, 28 de enero de 1874 - 1940) foi un director teatral, actor e teórico ruso.

     Constantemente Meyerhold preguntábase sobre a “teatralidade” do teatro. Para Stanislavski a “teatralidade” convertíase nun concepto negativo pois tiña como obxectivo converter a acción escénica nun fragmento da realidade. Sen embargo, Meyerhold procuraba un sistema que puidese servir para todos os estilos incluíndo tamén o chamado “naturalismo”. O actor que fose capaz de enfrontar as tarefas que lles propoñería Meyerhold (a habilidade para interpretar farsa e traxedia, melodrama, pantomima ou escenas de circo, etc) precisaba dunha rigorosa e permanente formación. Segundo Meyerhold, o actor debe ser quen de moverse e pensar. O actor non deberá identificarse co personaxe senón que, pola contra, o cerebro do actor ten que decidir sobre a formulación física do momento. Igor Ilyinski, actor formado con Meyerhold, sinalaba que “se a forma física é correcta, en tanto fundamentación do personaxe, as entoacións e as emocións tamén o son, pois están determinadas pola posición do corpo”. Deste xeito a formación centrábase no estudo do corpo no espacio ou no movemento escénico.

Obras Públicas e a Gala dos María Casares 2012

     A gala dos María Casares 2012, maxinada pola compañía Obras Públicas será, de seguro, “sorprendente, divertida e moi áxil”, segundo avanzou Jose Luis Prieto. 

     · Sobre as ruínas do gran teatro de Galicia:  A escenografía, atrezzo e vestiario utilizáronse previamente noutros espectáculos e espazos escénicos, dando lugar a unha posta en escena "ruinosa".  Unha estética de teatro abandonado pero imaxinativa é a aposta plástica na que se enmarcará a gala.

     Apunta Suso Montero, director artístico da cita, que “haberá moitas sorpresas pero podemos adiantar que quitarémoslles o po a telóns antigos, do Teatro Jofre de Ferrol ou do Centro Dramático Galego, algúns levan enrolados 10, 15 ou 20 anos; e amosaremos as entrañas dos teatros, o que normalmente non se ve”.

A Sala Nasa, Premio de Honra Marisa Soto 2012

 
          A Sala Nasa é o novo Premio de Honra Marisa Soto, galardón outorgado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).  A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia decidiu conceder o galardón á Sala Nasa por: “Ser unha sala alternativa independente de referencia en Galicia e no estado español; converterse nunha Sala de exhibición imprescindible na vida teatral e cultural de Santiago de Compostela; provocar unha xeración de profesionais da escena que se criaron e medraron a carón da Sala, converténdoa nunha auténtica `escola de rúa’; e por ser un proxecto diferenciado e innovador, sempre á procura dunha linguaxe propia e dunha particular maneira de achegar as artes escénicas á cidadanía”. Vinculada dende os seus inicios ao Chévere, a Nasa tivo as súas portas abertas no barrio compostelán de San Lourenzo dende 1992 ata o verán do 2011.

Crítica teatral de "Citizen Total" do Grupo Chévere na revista dixital "Letra en Obras"


   
   Nestes intres, como xa vos teño comentado en algunha ocasión estou a colaborar coa revista dixital Leta en Obras, un proxecto para a difusión da cultura e da literatura galega en xeral. Escribo, cada mes, un comentario crítico sobre algunha peza teatral. Desta vez sobre Citizen Total, do grupo Chévere.

Citizen Total, do Grupo Chévere [click aquí]
· Autoría: Manuel Cortés
· Dirección: Xesús Ron
· Elenco: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mñonica García, Arantza Villar, Nekane Fernández, Iván Marcos

   Cítizen Total é unha triloxía sobre o imperio téxtil de A.O. feita en tres episodios que se estrearon ao longo do 2010 e 2011 na Sala Nasa de Santiago de Compostela. Está nomeada aos XVI Premios María Casares 2012 nas categorías de mellor espectáculo, mellor actriz secundaria, mellor actriz protagonista, mellor dirección, mellor texto orixinal,  mellor iluminación, mellor música orixinal e mellor escenografía. Con este espectáculo, o Grupo Chévere acadou o Premio da Crítica Galicia 2011 ademáis de ser o espectáculo con máis votos na Rede de Teatros Alternativos. Citizen 1 desenvólvese no ano 1975 e ten como marco principal a morte de Franco. Nesta fase do espectáculo combínase o texto e a palabra con cámaras de vídeo que gravan en directo o que está a acontercer e que mostran realidades opostas ou contradictorias. Abórdanse entrevistas entre os dous personaxes do episodio dende puntos ópticos distintos. Os actores sitúanse no encenario nunha posición corporal contraposta mais coa axuda das cámaras o público pode contemplar a escena dende outro punto de vista. É interesante dende o punto de vista técnico pois axuda a manter un ritmo correcto da peza e mantén a atención do público sempre e cando non se exceda a acción no tempo. Ler Máis 
Enlace á Crítica: http://www.letraenobras.com/2012/03/citizen-total-do-grupo-chevere/
Agradecementos: Letra en Obras
Crítica teatral Citizen
teatrogalego.com

© Carla Capeáns Pardo, 2012

VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

   
     De entre as 52 obras presentadas, as finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico son:
  • Poema sinestésico para tres voces e un can
  • Ironías
  • Quendas
  • Intercom-baby
      As pezas finalistas serán interpretadas por actores e actrices baixo a dirección de Evaristo Calvo e coa colaboración do Centro Dramático Galego. Emitiranse na Radio Galega durante o mes de marzo. O VI Premio de Teatro Diario Cultural de Teatro Radiofónico ten unha dotación de 6.000 € (3.000 € para cada un dos galardóns que se outorgan: o premio do xurado e o premio do público.

Nominados XVI Premios de Teatro María Casares 2012


   "A ópera dos tres reás", xunto con "Citizen Total" obtiveron un total de oito nominacións cada unha. Séguelle o "Oeste solitario" de Producións Teatrais Excéntricas con 6 nominacións e "E.R. (Algún día traballaremos xuntas)", de Teatro do Atlántico con 4 nominacións.


      Logo de asistir á V Festa dos Nomeados aos Premios de Teatro María Casares no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames) déixovos o resultado final destas nominacións.

Gañadores Premios de Teatro María Casares 2012 [click aquí]

- MAQUILLAXE:
    · Raquel Fidalgo por "Tango", de Sarabela Teatro
    · Fani Mosqueira por "American Café", de Teatro do Morcego
    · Trini Fernández por "A ópera dos tres reás", do Centro Dramático Galego

- VESTIARIO:
    · Ruth Pereira por "Tango", de Sarabela Teatro
    · Carlos Alonso por "A ópera dos tres reás", do Centro Dramático Galego
    · Paco Conesa por "Piratas", de Teatro do Noroeste

Talía Teatro chega ao Salón Teatro de Compostela

     Talía Teatro chega ao Salón Teatro de Santiago de Compostela con "Pelos na lingua" dirixida por Avelino González e "Volpone", dirixida por Roberto Salgueiro. Deste xeito, Talía Teatro permanecerá en cartel no Salón Teatro dende o día 28 de Xaneiro ata o día 4 de Febreiro. 
     Ademáis, Talía Teatro, botando man das novas tecnoloxías e das redes sociais, abriu un sorteo de entradas para a función de "Pelos na lingua" o día 28 de Xaneiro no Salón Teatro. 


   "Pelos na lingua", de Talía Teatro
  • Dirección: Avelino González
  • Elenco: María Ordóñez, Artur Trillo e Toño Casais

Programación de "Pelos na lingua" no Salón Teatro de Compostela
  • Sábado 28 de Xaneiro -  Hora: 20.30 h.
  • Domingo 29 de Xaneiro -  Hora: 18:00 h.
  • Luns 30 de Xaneiro - Hora: 10:30 e 12:30 h. * Función concertada con centros de ensino
  • Martes 31 de Xaneiro - Hora: 10:30 e 12:30 h. * Función concertada con centros de ensino
  • Mércores 1 de Febreiro - Hora: 11:30 h. * Función concertada con centros de ensino
  • Xoves 2 de Febreiro - Hora: 10:30 e 12.30 h. * Función concertada con centros de ensino

Evaristo Calvo no Centro Dramático Galego


     Evaristo Calvo, Premio María Casares 2011 a mellor actor protagonista, dirixirá as dramatizacións das obras finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que promoven a Radio Galega e o CDG co patrocinio da Agadic. Recibíronse un total de 51 orixinais, a cifra máis elevada da súa historia (dende 2007). Pechado o plazo para a recepcións de orixinais, o xurado procederá á selección das obras finalistas.

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.

Blog Archive