"Hoxe comezamos a falar" de André Guedes

     A mostra "Hoxe comezamos a falar" chega a Santiago de Compostela da man de André Guedes e os estudantes do Máster de Arte, Museoloxía e Crítica da USC. Este espectáculo convida á relexión sobre a acción humana (individual) no momento histórico presente (colectivo). Por unha banda, Guedes opta por unha escolma de obxectos e figurinos que pertencen á Aula de Teatro da USC, e, por outra, a teatralización de textos e manifestos de Voltaire, Marinetti e Picabia, entre outros, que serán interpretados por actores das diferentes compañías de teatro universitarias.
     Forman o elenco deste espectáculo,  Daniel Baamonde, Esther Carrodeguas, Paula F. Franco, Beatriz Méndez, Roi Méndez, Xoana Pintos e Blanca Tejero.

Data de Inauguración da Mostra: 19 de Outubro ás 20:00 h *
Lugar de realización das performances: Pazo de Fonseca - Salón do Artesonado e a Capela gótica do Pazo Fonseca (Santiago de Compostela)
 
* O mércores 19 de outubro desenrolaranse os espectáculos correspondentes aos tres programas aquí descritos.

PROGRAMA -I-
Datas e horarios das representacións teatralizadas:
  • Mércores 19 de outubro ás 20:00 h.
  • Xoves 20 de outubro ás 19.00 h.
  • Sábado 29 de outubro ás 12.30 h.
Lugar: Pazo de Fonseca (Santiago de Compostela)
- A carta de Lord Chandos de Hugo von Hofmannsthal (1874 - 1929)
      Extracto de "Ein Brief" (“A carta de Lord Chandos”), texto orixinalmente publicado en cinco partes no periódico diario berlinés Der Tag, en 1902.

Mostra das Artes Escénicas de Galicia 2011

     O luns 17 de Outubro chega a Santiago de Compostela a Mostra de Artes Escénicas de Galicia, evento que sustitúe á Feira de Artes Escénicas de Galicia. Visualizaranse ao redor de 25 espectáculos en diferentes espazos da cidade compostelá e que se expoñeran de formas moi diversas. A Mostra está dirixida a programadores culturais, axentes culturais e ao público en xeral que poderá acceder gratis aos espectáculos.
     A Mostra desenrolarase en tres espazos: no Salón Teatro, no Teatro Principal e en ARTEria Noroeste. Así mesmo a exposición dos espectáculos realizarase ou ben a través de funcións completas ou ben a través de pases dunha duración de 20 minutos (Showcases). As compañías seleccionadas para o "showcase" farán presentacións de cadanseu espectáculo concentradas nun máximo de 20 minutos, que se desenvolverán nas dúas primeiras xornadas da Mostra, a partir das 22:00 horas no Salón Teatro. Tanto o luns 17 como o martes 18 exhibirase unha sucesión de sete showcases, o primeiro día dedicado a teatro de adulto e infantil, e o segundo centrado en danza, novo circo e maxia.

"Soños", a nova producción de Bichakadela

     A compañía Bichakadela estreou onte, día 8 de Outubro, na Sala Santart de Santiago de Compostela a súa nova producción: "Soños" dirixida por Roberto Leal

Y digo yo…, los sueños…, puede ser lo que le está pasando a uno, no? Yo sueño, tú sueñas, él sueña… Circulares, Concéntricos, entramos y salimos en el sueño de cada uno, en el sueño de todos… Teatros y teatrinos…Sonrisas y Lágrimas, o era Mary Poppins? Los sueños de dormir, los sueños que tenemos cuando despertamos…Siempre el teatro… como sueño mayor y la música…en un espacio pequeño cabe un mundo…  A la manera de las muñecas rusas, hay un sueño dentro de otro, parece que despertamos, sólo lo parece? Ah… muy bien…. Haced pasar al infinito…y aclaramos ESTO NO ES UN JUGUETE. Reverencia, señores…

Galicreques: Festival Internacional de Títeres

     O 1 de Outubro dou comezo en Santiago de Compostela a XVI edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques. Foron varios os espazos nos que se desenvolveu a mostra: Arteria Noroeste, Teatro Principal e a Praza do Toural. Mo marco do "Galicreques 2011" ademáis de espectáculos de títeres, organizáronse exposicións, mesas redondas de debate e incluso cursos e talleres para nenos e adultos. 

Programación para mañá, Domingo 9 de Outubro de 2011
  • 12:30 h. - Teatro de Marionetas La Estrella con "La Bella Durmiente" en Arteria Noroeste
  • 17:00 h. - Madero Grupo de Teatro con "El Señor del Mar" no Teatro Principal
  • 20:30 h. - El Chonchón con "El EnmaZcarado" no Teatro Principal
     Entre as compañías participantes neste Galicreques 2011 destacan: A La Sombrita, Teatro de Pocas Luces (Andalucía), El Abrojito (Argentina), El Chonchón (Chile), O Retrete de Dorian Gray (Galicia), Guiñoleros UAS (México), Juan Catalina (Soria), La Bicicleta (Costa Rica), La Mar de Marionetas (Madrid), Madero Grupo de Teatro (Perú), Marionetas, Actores & Objectos (Portugal), Taller de Arte El Colectivo (Argentina), Teatro Arbolé (Aragón), Teatro de La Plaza (Brasil), Teatro de Marionetas La Estrella (Valencia), Tesis Teatro (Colombia), Títeres Cachiporra (Uruguay).

     Aínda estades a tempo de visitar as exposicións que se organizaron con motivo do Festival Internacional de Títeres en Arteria Noroeste e o Teatro Principal de Santiago de Compostela

"Títeres e titiriteiro" A construcción dun oficio 
     Con esta exposición, que reúne diversas técnicas do mundo do monicreque, Arbolé pretende activar a memoria das súas tres décadas de existencia. Quere recordar as persoas e os personaxes que rodearon este marabilloso mundo do teatro para monicreques, e ter presentes a viaxe e todas as súas etapas, dende as máis tradicionais ás máis vangardistas.
    • Lugar: Arteria Noroeste (Rúa das Salvadas, 2A. Parque Vista Alegre. Santiago de Compostela)
    • Días: do 22 de Setembro ata 26 de Outubro 2011
    "Títeres de América Latina"
         A mostra reflicte a importancia do teatro de monicreques e marionetas na vida das comunidades indíxenas e de emigrantes procedentes de diferentes países de Europa. Da man de mestres como Javier Villafañe, Otto Freitas ou o propio García Lorca, descubriremos cos monicreques ese mundo extraordinario.
      • Lugar: Teatro Principal de Santiago de Compostela
      • Días: do 1 ao 15 de Outubro 2011
           Ao longo da semana, a Praza do Toural acolleu talleres de creación de monicreques, construción de teatriños de papel e monicreques de dedo... Por outra banda, no Teatro Principal desenvolvéronse talleres de manipulación de monicreques,impartido por Miguel Oyarzún e Carlos Piñero (Compañía El chonchón, de Chile) e cursos sobre teatro de sombras impartido por Javier Peraza (da Compañía de títeres Cachiporra, de Uruguai).


            O Premio Galicreques concédese a unha entidade ou persona que destaque especialmente polo seu labor na creación, formación, difusión ou defensa do teatro de monicreques ou ben a unha compañía teatral en recoñecemento pola súa traxectoria no ejercicio destas artes. Este ano, o premio entrégase a Marta Bautista, da compañía La Mar de Marionetas que, a través de máis de 25 anos de traballo ininterrompido coas súas marionetas en escenarios de Europa, América e África, mantén unha programación estable no Parque do Retiro de Madrid, así como o gran festival de verán “Titirilandia”, que conta con 18 edicións.

      + INFO en: http://www.galicreques.com/ 
      Agradecementos: Posto de información e organización de talleres na Praza do Toural
      www.teatrogalego.com
      Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.