"O fútbol é así", de Obras Públicas en Santiago

     "O fútbol é así", a nova producción de Obras Públicas, está escrita e dirixida por Xosé Prieto. Protagonizan a peza os actores Leandro Lamas e Mos.
Na súa páxina web http://ofutboleasi.blogspot.com/ describen o espectáculo como "60 minutos de música e teatro con xornalistas deportivos, coa aficción e por suposto cos xogadores".
Unha historia baseada en feitos inventados que ben puideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello.

30 aniversario do Taller de Teatro Clámide

Fotografías de www.clamide.com
    
     O Taller de Teatro Clámide celebra o seu 30 aniversario cunha gran variedade de actividades teatrais en Vilagarcía de Arousa. Serán 7 días de festexos que comezaron, o pasado venres 16, coa inauguración da exposición "30 anos con Clámide".

Esta agrupación teatral naceu no 1981 en Vilagarcía de Arousa (Santa Eulalia de Arealonga) co fin de difundir a cultura teatral entre os mais mozos. Ao longo destes trinta anos, O Taller de Teatro Clámide puxo en escena textos de García Lorca, Alejandro Canosa, William Shakespeare e Jardiel Poncela entre outros.

PROGRAMA do XXX ANIVERSARIO CLÁMIDE
  • Venres 16 Setembro: Inauguración da exposición "30' anos con Clámide"
  • Sábado 17 Setembro: Gala Clámide XXX Aniversario
  • Domingo 18 Setembro: Iliria Teatro con "O canto do cisne" de Chejov e "A máis forte" de August Strindberg
  • Luns 19 Setembro: O noso lar con "O cego de Fornelos" de M. Daniel Varela Buxán
  • Martes 20 Setembro: Prixela con "Soños a gran escala" de Alberto Dosil
  • Mércores 21 Setembro: Escola de Teatro da Estrada con "A ruleta rusa" de Chejov
  • Xoves 22 Setembro: Escola de Teatro Valle-Innova con "Memorias da árbore da noite triste" de Fátima Rey
  • Venres 23 Setembro: Clámide con "Cuatro corazones con freno y marcha atrás" de Jardiel Poncela
* Hora dos espectáculos: 21:00 h
* Lugar: Auditorio de Vilagarcía
* Prezo: Gratuito
* + info en: www.clamide.com

www.teatrogalego.com

Axenda Teatral Setembro 2011

     Santiago de Compostela: o mes de Setembro vén cargado de Teatro. O mércores 21 de Setembro estréase no Salón Teatro a nova producción de Eme2, "O Florido Pénsil" que permanecerá ata o domingo 25. No Teatro Principal, o venres 23 e o sábado 24, Lagarta lagarta, presenta "Unha hora na vida de Stefan Zweig". Funboa Escénica presenta en Santiago (Sala Santart) "Oiseau Rebelle" os días 24 e 25.

- "O florido pénsil", de Eme2
  • Días: 22, 23, 24 e 25 de Setembro do 2011
  • Lugar: Santiago de Compostela (Salón Teatro)
  • Hora: 20:30 h / 18:00h o domingo 25
  • Merar entradas: Novacaixagalicia
- "Unha hora na vida de Stefan Zweig", de Lagarta lagarta
  • Días: 23 e 24 de Setembro do 2011
  • Lugar: Santiago de Compostela (Teatro Principal)
  • Hora: 21:00 h
  • Mercar entradas: Novacaixagalicia
- "Oiseau Rebelle", de Funboa Escénica
  • Días: 24 e 25 de Setembro de 2011
  • Lugar: Santiago de Compostela (Sala Santart)
  • Hora: 21:00 
www.teatrogalego.com
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.